Skip to Content

Celebración Entroido 2018

 

Esta semana celebramos un entroido máxico, intenso, divertido e , ademais, educativo... Que ben o pasamos¡¡¡ Os mandados, os disfraces, a música, as actuacións, os preparativos, postres, os xogos, o noso famoso túnel de fariña e auga.... Tradicións que no Ramo se volven máxicas e únicas.....

 

Eiquí está o noso Meco, o protagonista Mexié Napoleón¡¡¡¡, el nos indicará multiples mandados.... Que haberá que cumprir...

 

 

Que expectación nos dan os mandados de Mexíé Napoleón¡¡¡¡ Eiquí os podedes ver...

 

Eiquí está o primeiro mandado...

O segundo mandado.... un nome na fronte!!!

E por último unha capa policromada...

 

Todos os mandados se colgaron de xeito convinte.... e todos e todas, nenos e nenas, profes, mestras... cumplíronos de xeito convinte...

O día do Festival foi xenial.... Nenos e nenas, mestras e familias desfrutamos xuntos dun gran espectáculo...

 

Todos listos para o festival.....

O auditorio foise enchendo.... Moita espectación das familias, mestras e alumnos para ver as actuacións...

E por fin comezan...

 Primeiro e segundo de primaria...Infantil....

Sexto de Primaria.... Uns artistas todos¡¡¡

Mirade a actuación de 3º e 4º de Primaria, ritmo, ledicia, música.....

 

 A actuación de 5º foi espectacular tamén... que adaptación Rockeira .... Que interpretación....

Despois saímos de comparsa polos arredores da escola, saudando a veciños e amigos... Que divertido¡¡¡¡

Rematamos no Pavillón a nosa maravillosa comparsa.....

Comparseamos coas familias e amigos.... Foi especial e moi satisfactorio....

 

Os mais pequenos pasárono xenial... Abraiados están....

Os maiores tamén o pasaron moi ben....

E para rematar unhas lambetadiñas en compañía das familias... Estupendo e inesquecible momento....

 

E o noso túnel de fariña, é un final de festa xenial.... Encantounos¡¡¡ Que ben o pasamos¡ Agora esperamos ao peche de Entroido..... Capítulo seguinte...

 



page | by Dr. Radut