Skip to Content

Nadal 2017

Estas festas son moi especiais para os nosos alumnos e alumnas.... Mirade como celebramos o fin de trimestre con moitísimos acontecementos: visita de Papa Noel, o Apalpador e os Magos de Oriente, obradoiros de Nadal,..... aprendizaxe e diversión camiñan da man... 

 

Este ano fixemos un mural de Nadal coas mans de cada un dos nenos e nenas e mestras e mestres do cole... cada man é un desexo de paz, ledicia, aprendizaxe e prosperidade para nós e para o mundo...

 

O mellor... o ben que o pasamos... Na aprendizaxe, unha plataforma mental e emocional equilibrada e en estado de alegría mellora o desenvolvemento do alumno...

  

 

Desfrutamos do Apalpador.... e as súas historias sobre O Courel e como fai os xoguetes de madeira, cos que nos agasalla en Nadal....

 

 

Desfrutamos da visita de Papa Noel.... que foi por todas as aulas....

 

E contamos coa compañía e os consellos dos sabios Magos de Oriente que prometeron pechar estas festas e iniciar o próximo año con moita ledicia, ilusión e aprendizaxe... cheo de boas novas e ilusións...

 

OBRADOIROS DE NADAL

 

 

Despois destas ilustres visitas comezou o xogo guiado. Nestes momentos do desenvolvemento o xogo é peza clave do desenvolvemento do alumnado: fai aprendizaxe, mellora a creatividade, en definitiva, unha das actividades que se fai na infancia polo feito de facela en sí mesma...

 

Todos preparados para comezar os distintos xogos dos nosos maravillosos obradoiros. Antes de comezar repartimos os equipos.... Preparados, listos, XA!!!!

 

 

Luchi e Catu: do equipo de Complementarias e Dinamización Lingüística comezan o reparto dos equipos e rincóns...

 

 

Rincón de xogos de mesa: xadrez, conecta 4, xogos de alfombra.... coa axuda da nosa Auxiliar de Conversa : Kónica.

 

 

Obradoiro MasterChef 2017... Que divertido aprender cos alimentos... Ollo! Soamente ingredientes que promoven unha dieta saudable e equilibrada...

  Obradoiro de plástica: facemos árbores de Nadal....

 

 

 

 

 Construímos con bloques lóxicos ... Capacidade Espazo - Temporal e Manipulativa...

Nas aulas de Infantil temos obradoiros de puzzles, plastilina e purpurina...

 

Saltamos obstáculos e disfrazámonos en psicomotricidade....

 

Xogamos co paracaídas..... Estupenda actividade grupal....

E, moi ledos , rematamos cantando o noso Himno, a canción de O Ramo... e algunha panxoliña.... Foi fermoso, pasámolo xenial e gardamos outra experiencia maravillosa de aprendizaxe...

 

 

 



page | by Dr. Radut