Skip to Content

PRESENTACIÓN LÓVA AS FAMILIAS

O noso proxecto LÓVA ten como obxectivo principal facer ao alumno protagonista da súa aprendizaxe, sendo autónomo e tendo iniciativa no descubrimento e desenvolvemento de novos aprendizaxes. Por iso esta semana os integrantes da compañía Big Bang, presentaron as familias os seus progresos, desenvolvemento da Ópera que estrearemos a finais de curso e as dinámicas que levamos a cabo.... Ademais as familias poideron ver os murais e portfolios desenvolvidos ata o momento.... 

 

Os integrantes da compañía (alumnos de 5º e 6º de EP) recibiron as familias e expliráronlle o tema da Ópera e características da mesma, así coma as dificultades coas que se atoparon polo momento, algo fundamental na aprendizaxe.....

Explicaron dinámicas de cohesión grupal...coma a casiña de chocolate e a importancia do traballo en equipo, onde as familias puideron participar...

 

Por último todas as familias puideron ver e consultar o traballo desenvolvido pola compañía Big Bang, que facendo unha Ópera, foi traballando a lectoescritura, a competencia matemática, as emocións, os roles e características persoais, o traballo grupal e cooperativo.....

Grazas pola masiva participación das familias e do noso brillante e voluntarioso alumnado... XUNTOS chegamos moi LONXE¡¡¡ Coma sempre aprendemos moito e pasámolo xenial...



page | by Dr. Radut