Skip to Content

Achegas á web

PRESENTACIÓN LÓVA AS FAMILIAS

O noso proxecto LÓVA ten como obxectivo principal facer ao alumno protagonista da súa aprendizaxe, sendo autónomo e tendo iniciativa no descubrimento e desenvolvemento de novos aprendizaxes. Por iso esta semana os integrantes da compañía Big Bang, presentaron as familias os seus progresos, desenvolvemento da Ópera que estrearemos a finais de curso e as dinámicas que levamos a cabo.... Ademais as familias poideron ver os murais e portfolios desenvolvidos ata o momento.... 

 

Os integrantes da compañía (alumnos de 5º e 6º de EP) recibiron as familias e expliráronlle o tema da Ópera e características da mesma, así coma as dificultades coas que se atoparon polo momento, algo fundamental na aprendizaxe.....

Explicaron dinámicas de cohesión grupal...coma a casiña de chocolate e a importancia do traballo en equipo, onde as familias puideron participar...

 

Por último todas as familias puideron ver e consultar o traballo desenvolvido pola compañía Big Bang, que facendo unha Ópera, foi traballando a lectoescritura, a competencia matemática, as emocións, os roles e características persoais, o traballo grupal e cooperativo.....

Grazas pola masiva participación das familias e do noso brillante e voluntarioso alumnado... XUNTOS chegamos moi LONXE¡¡¡ Coma sempre aprendemos moito e pasámolo xenial...

OLA DE CALOR

Estimadas familias:

Nestes últimos dias as axencias meteorolóxicas están a prever e anunciar unha ola de calor para a vindeira semana en 15 comunidades autónomas entre as cales se atopa a nosa Galiza. Debido a isto queremos trasladarvos as seguintes recomendacións para os nosos nenos, de cara a vindeira semana:

- Que traian auga (unha fonte de hiratación), sabemos que o facedes a maioría, e que moitos (os mais pequenos) teñen o seu vaso aula, pero é importante prever isto, A HIDRATACIÓN CONTÍNUA no caso de moita calor é IMPORTANTE.

- Que traian unha gorra ou pucha, as horas do recreo, son momentos nos que a calor aperta mais.

- É importante, que dende a casa veñan cunha crema de proteción axeitada ante o sol, sobre todo nas zonas de maior exposición: cara, caluga, brazos....

- Pola nosa parte, se o martes e venres, aperta moito a calor evitaremos facer a milla escolar, porque no momento en que se produce é un dos de mais intensidade de calor e de sol.

 

Deixamos un enlace da asociación española de pediatría de atención primaria fronte as accións a tomar coa calor: 

https://www.aepap.org/sites/default/files/noticia/archivos-adjuntos/np_r...

Parece que nesta última semana  de curso o sol nos despide coa súa mellor cara, para celebrar o espléndido curso que xa está a rematar.

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

 

AS FLORES DA PRIMAVERA

Na primavera as nosas vidas énchense de flores! Invitámosvos a que nos enviedes fotografías co nome da flor e o lugar onde a atopastes que iremos subindo á páxina para honrar ao maio que está a punto de chegar.

Podedes enviar as vosas aportacións ao correo ceiporamo@hotmail.com

Xa chegaron algunhas, mirade que preciosidade!

 
Diego-6º Ed. Primaria
 Barallobre
 
Margaridas
Diego-6ºEd. Primaria
Barallobre
 

 

Corneta

Diego- 6º Ed. Primaria

Barallobre

 

Maceira

Diego- 6º Ed. Primaria

Barallobre

 

Glicinia

Diego-6ºEd. Primaria

Barallobre

  Peonía

Rosa

Maniños

Flor da herba de namorar

Aroa - 1º Ed. Primaria

O Penedo (Barallobre)

Orixinaria do Cabo Ortegal

 

Azalea

Rosa

Maniños

  
Pensamiento
Cristina
Betanzos
 Iris
Cristina
Betanzos
Caléndula
Cristina
Betanzos
 
Glicinia
Cristina
Betanzos
 
Rosa
Cristina
Betanzos
 
Primaveras
Cristina
Betanzos
 
Camelia
Cristina
Betanzos
 
Tulipán
Cristina
Betanzos
 
Uña de Gato
Cristina
Betanzos

 

Camelia

Rosa

Maniños

Margarida

Rosa

Maniños 

 

Iris

Rosa

Maniños

 

Margarida

Rosa

Maniños

 

Lunaria

Rosa

Maniños

Xeranio

Rosa

Maniños

Distribuir contido


by Dr. Radut