Estimadas familias:
Nestes últimos dias as axencias meteorolóxicas están a prever e anunciar unha ola de calor para a vindeira semana en 15 comunidades autónomas entre as cales se atopa a nosa Galiza. Debido a isto queremos trasladarvos as seguintes recomendacións para os nosos nenos, de cara a vindeira semana:
- Que traian auga (unha fonte de hiratación), sabemos que o facedes a maioría, e que moitos (os mais pequenos) teñen o seu vaso aula, pero é importante prever isto, A HIDRATACIÓN CONTÍNUA no caso de moita calor é IMPORTANTE.
- Que traian unha gorra ou pucha, as horas do recreo, son momentos nos que a calor aperta mais.
- É importante, que dende a casa veñan cunha crema de proteción axeitada ante o sol, sobre todo nas zonas de maior exposición: cara, caluga, brazos....
- Pola nosa parte, se o martes e venres, aperta moito a calor evitaremos facer a milla escolar, porque no momento en que se produce é un dos de mais intensidade de calor e de sol.
Deixamos un enlace da asociación española de pediatría de atención primaria fronte as accións a tomar coa calor:
https://www.aepap.org/sites/default/files/noticia/archivos-adjuntos/np_r...
Parece que nesta última semana de curso o sol nos despide coa súa mellor cara, para celebrar o espléndido curso que xa está a rematar.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.