Skip to Content

HORTO ESCOLAR

O traballo no entorno natural ten unhas posibilidades educativas óptimas para o desenvolvemento e aprendizaxe do alumnado. Debido ao magnífico entorno natural que ten a nosa escola as posibilidades de traballar na natureza son moi amplas.

Dentro do noso proxecto educativo é un principio básico o coñecemento e coidado do entorno... para isto unha das actividades que promovemos é o cultivo, coñecemento e seguimento (estudo) das prantas, a través da realización de un horto escolar tanto a nivel curricular (en horario lectivo) coma a nivel extraescolar, na nosa actividade de obradoiro da natureza....

Mirade o traballo do noso alumnado na hortiña do Ramo...

Eiquí temos as prantas que levamos ao noso invernadoiro... esperamos que saian prantaremolas con moita ilusión...

Regamolas e prantamolas....

Estudamos e preparamos o terreo....

Cada día a nosa hortiña foi tomando mais forma e este bò tempo vai facer que as nosas leituguiñas nazan mais fortes e sás....

A terra fértil foi fundamental no bó resultado....

O mellor é o ben que o pasamos¡¡¡¡ O traballo en contacto co entorno, ademais dos bos resultados educativos, fai que volvamos as nosas orixes, estemos ledos e en contacto co espazo natural.....

E  velaiquí tedes o resultado: Tachán¡¡¡¡ Leitugas fresquiñas e ecolóxicas.......

E por suposto Romeo e Xulieta probaron as nosas magníficas leitugas¡¡¡¡¡

 

Que ben o pasamos e aprendimos moitísimo neste proceso, coma sempre¡¡¡¡

 

Queridos amigos, familias e simpatizantes, estade atentos... pronto veredes as nosas fresas.... e un horto moi especial dos alumnos e alumnas de 6º de Primaria......

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut