Skip to Content

Maio 2018

A celebración do Maio e das Letras Galegas son fundamentais na nosa escola, parte do noso código xenético coma escola que aposta pola innovación e mellora da calidade, asentada nos seus valores principios e tradicións.....coma a festa do maio, que vimos celebrando dende a apertura da nosa escola no ano 1979.....

Durante esta semana o traballo, diversión e aprendizaxe e intenso.... Deseño da alfombra floral, preparación do maio, actuacións, cánticos....explicando e comprendendo a tradición, e por suposto, traballando as competencias clave que melloran o rendemento do noso alumnado, dun xeito divertido e fomentando o traballo e sentimento grupal...

 

 

Os nenos parten dun deseño e, coa supervisión das mestras e mestres, deseñan a fermosa alfombra floral do centro.......

Utilizamos flores diversas e serrín tintado, que nos mesmos facemos, buscando tonalidades de cores, deseños....

 

No seguinte video Brais explícanos como fan a alfombra, usando o boceto/deseño e traballan: proporcións, dimensións, calculos, operacións.... Levan a cabo unha excelente organización da tarefa....

Mirade que fermosas alfombras fixemos¡¡¡¡ Moito traballo e diversión = Aprendizaxe e satisfacción....

Tamén preparamos e decoramos o maio... Que fermoso¡¡¡

 

Mirade que ben nos quedou¡¡¡¡

Todos participamos na elaboración do maio e fixemos tributo, as frores, as nosas letras e cultura e a chegada da primavera.....

 

Fixemos un mercadillo, que tivo un obxectivo: financiar a Ópera que estrearemos o vindeiro 15 de xuño , pola compañía de Ópera Big Bang, composta polo alumnado de 5º e 6º de Primaria, titulada Xuntos pola Carballeira....

Fixemos unhas fermosas actuacións as que asistiron as familias, amigos e simpatizantes.... Grazas por vir e participar¡¡¡¡

 

 Rematamos cantando e bailando o Maio 2018 ... Fermosa tradición e fermosas experiencias e aprendizaxes..... Aprendemos moitísimo e pasámolo xenial, coma sempre¡¡¡

 



page | by Dr. Radut