Skip to Content

Localización

PLAN DE BIBLIOTECA/PROXECTO DE VIDA SAUDABLE: RIBEIRA DE BARALLOBRE

Dentro da PDI A nosa Costa promovida dende o equipo de Biblioteca e o proxecto de vida saudable atópase o coñecemento do entorno mais próximo e as suas importantísimas propiedades educativas, así coma a adquisición de valores para aprender a coidalo coma parte de nós. Así o venres 22 de abril fixemos unha saída a Ribeira de Barallobre, onde poidemos falar cos mariscadores sobre o seu modo de vida, coñecer a Ribeira e as súas especies animais, ver o impacto da contaminación (a cal axudamos a limpar) e por último, axudamos a un amigo, xa veredes...

Saímos do cole con moita ilusión cara a Ribeira de Barallobre, despois de preparar na clase a unidade didáctica da Ribeira...

 

E fomos camiñando cara a Ribeira charlando sobre o noso proxecto, moi ilusionados en un paseo de tan só 10 minutos, que ben¡, temos o cole nun entorno natural moi fermoso...

 

Chegamos a Ribeira e puxémonos a investigar e buscar cousas interesantes do noso entorno...

Traballamos en grupo, lembrade o noso himno: Somos Un Equipo¡

 

Atopámos moitísimas especies autóctonas da Ribeira de Barallobre que estudamos, fotografamos e clasificamos...

Ata atopamos un peixe no fango atrapado, que Xaquín foi devolver ao mar...

 

Atopamos a marca do home, e entristeceunos ver esa contaminación que entre todos retiramos da nosa Ribeira...

Atopamos un Cormorán ferido, especie en perigo, e rescatámolo para que poidese ser coidado por especialistas...

Veu o especialista do centro de preservación da fauna de Oleiros que o levou e curou agradecendo moito o traballo dos nosos nenos... 

Celebración Día da Árbore

Coma parte do noso Proxecto Educativo, participamos todos os anos no día da árbore, fomentando nos nosos alumnos unha cultura de respecto ao medio ambiente e comportamento sostible para respectar a nosa casa e lugar de vida: A Biosfera...

Aarón leu o poema conmemorativo, feito pola clase de 5º de primaria...

 

Plantamos as árbores...

E coma sempre disfrutamos moito aprendendo...

Canción/Himno de O Ramo

Neste enlace ao noso video podedes ver a nosa filosofía da educación, está feito co corazón....

 

ENTROIDO O RAMO

Un ano mais celebramos o Entoido, pero este ano, de acordo coa nosa metodoloxía por proxectos, os disfraces foron na liña do proxecto de centro mar e terra, e os nenos foron disfrazados de fauna e flora mariña esta ocasión.

Houbo actuacións:

Desfile polo pavillón:

 

E lambetadas típicas da festa:

CONMEMORACIÓN DÍA DA PAZ 2016

No día de hoxe conmemoramos o día da paz, facendo especial fincapé e recordo naqueles nenos do mundo que non teñen a sorte de vivir en paz, lembramos lugares coma Siria, onde os nosos iguais o están a pasar moi mal. Foi moi emocionante e divertido, e ademais contamos coa compañía das familias e o seu apoio coma sempre.... Grazas a todos, a excelencia e calidade educativa alcánzase cando todos participamos: alumnos, profesores e familias.....

 

Fixemos un proxecto onde collimos moitos tipos de palabras......

As malas puxémolas neste bote e tapámolo para que non saian..........

 

As boas puxémolas neste outro e dexámolo aberto para que as nosas pombas mensaxeiras......

As leven a todo o mundo e fagan un mundo mellor e mais pacífico, onde todos poidamos vivir en paz, harmonía e convivencia.....

 

Ademais celebramos un espectáculo......

 

Dous presentadores de excepción: Aroa e Gabriel.....

Un público distinguido: os nosos nenos e familias, desexando ver, desfrutar e compartir...

Os nenos de primeiro cantaron unha fermosa canción.....

Os de 2ºrecitaron un poema sobre a paz e os valores....

Os de 3º fixeron música con percusión corporal, moi educativo e estimulante.... chamábanse os Mayumaramo...

4º fixo unha obra reivindicativa sobre a paz....

 

 

5º e 6º fixeron unha obra de teatro sobre o entendemento e diálogo.... Espectacular rapaces.....

E fixemos unha solta simbólica de pombas pola paz.... Non vos preocupedes son pombas mensaxeiras e saben volver a casiña soas...

Todo foi moi comentado e visto, foi xenial.... GRAZAS POLA VOSA COMPAÑA¡

Feliz Día da Paz¡

 

Visita do Conselleiro de Educación Román Rodríguez González

O Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria Don Román Rodríguez González, visitou hoxe o noso centro para darnos moitos ánimos no noso traballo, e felicitarnos pola nosa labor coma mestres, e comunidade educativa en xeral. Quixo facer fncapé no bó fucionamento da nosa biblioteca escolar coordinada por Rebeca e Celia, e destacou que estivésemos no PLAMBE, ademais felicitounos pola recente incorporación á rede de centros plurilingües. Foi moi cercano cos nenos cos cales estivo moito tempo e tamén coas mestras e mestres, fixo unha visita pola escola e comprometeuse a seguir mellorando as condicións da nosa escola para poder seguir proporcionando unha ensinanza de calidade. Velaquí tedes unhas fotos do momento...

Eiquí está o Conselleiro co xefe territorial e a representación do noso concello de Fene.

Contemplando as nosas estupendas instalacións así coma os exteriores da nosa escola que invitan ao aprendizaxe e maila diversión dos nosos nenos.

Contemplando os nosos proxectos pedagóxicos...

Saludando aos nenos e vendo as clases...

 

Foi un auténtico placer, Grazas pola visita Conselleiro¡

CEIP Plurilingüe O Ramo

 

Enderezo:

 

Rúa Pablo Ares Feal nº 28

Barallobre

15528 Fene

A Coruña


 

Telf./fax:  981 360 661

e-mail: ceip.oramo@edu.xunta.es

   Mapa       [Enlace á web antiga]


        localización

Celebración do día da PAZ. 30 de xaneiro de 2015.

Hoxe celebramos o día da paz, lembramos a ilustres persoaxes coma Martin Luther King, Santa Teresa de Calcuta ou Mahatma Gandhi, xente que hoxe non está con nos, ...ou xente que aínda podemos desfrutar coma a nena Malala nobel da paz e un exemplo de loita pola súa educación.

Fixemos esta versión da paz da obra dun autor moi famoso. Sabedes que é?

 

E escollimos da nosa maravillosa biblioteca títulos interesantes sobre a paz.

Visita cultural e educativa ao Aquarium e ao MUNCyT en a Coruña.

Onte visitamos na Coruña o Aquarium e o MUNCyT, onde tivemos a oportunidade de aprender moitísimo e pasalo moi ben. Foi emocionante coñecer a acuicultura e métodos de crianza de peixes en cautividade:

Puidemos ver animais xa extintos coma o paxaro dodo:

Coñecemos ao famoso tiburón "Gastón":

Ademais no MUNCyT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía), puidemos coñecer como funcionan aparatos moi importantes na nosa vida e inventos que marcaron a historia da humanidade:

 

Aprendimos moitísimo e pasámolo moi ben¡

Distribuir contido


by Dr. Radut