Skip to Content

CONMEMORACIÓN DÍA DA PAZ 2016

No día de hoxe conmemoramos o día da paz, facendo especial fincapé e recordo naqueles nenos do mundo que non teñen a sorte de vivir en paz, lembramos lugares coma Siria, onde os nosos iguais o están a pasar moi mal. Foi moi emocionante e divertido, e ademais contamos coa compañía das familias e o seu apoio coma sempre.... Grazas a todos, a excelencia e calidade educativa alcánzase cando todos participamos: alumnos, profesores e familias.....

 

Fixemos un proxecto onde collimos moitos tipos de palabras......

As malas puxémolas neste bote e tapámolo para que non saian..........

 

As boas puxémolas neste outro e dexámolo aberto para que as nosas pombas mensaxeiras......

As leven a todo o mundo e fagan un mundo mellor e mais pacífico, onde todos poidamos vivir en paz, harmonía e convivencia.....

 

Ademais celebramos un espectáculo......

 

Dous presentadores de excepción: Aroa e Gabriel.....

Un público distinguido: os nosos nenos e familias, desexando ver, desfrutar e compartir...

Os nenos de primeiro cantaron unha fermosa canción.....

Os de 2ºrecitaron un poema sobre a paz e os valores....

Os de 3º fixeron música con percusión corporal, moi educativo e estimulante.... chamábanse os Mayumaramo...

4º fixo unha obra reivindicativa sobre a paz....

 

 

5º e 6º fixeron unha obra de teatro sobre o entendemento e diálogo.... Espectacular rapaces.....

E fixemos unha solta simbólica de pombas pola paz.... Non vos preocupedes son pombas mensaxeiras e saben volver a casiña soas...

Todo foi moi comentado e visto, foi xenial.... GRAZAS POLA VOSA COMPAÑA¡

Feliz Día da Paz¡

 



page | by Dr. Radut