Skip to Content

Localización

FESTA DA BENVIDA 2017

Un ano máis celebramos a nosa tradicional festa da benvida, unha festa con moitísimo contido e emoción, debido a que:

- Damos a benvida ao novo alumnado que chega por primeira vez á nosa escola e ao resto de alumnos e alumnas do centro... Que sorte temos de contar convosco¡¡¡

- Damos a benvida ao novo curso 2017/18 de xeito oficial, con esta festa que significa apertura.... apertura de un novo curso, apertura dunha nova estación o outono, apertura de ilusións e inicio de novos proxectos e continuación de outros....

- Celebramos a tradición e valores sólidos que dende 1979 foron facendo a escola que somos e dos que todos estamos tan orgullosos e orgullosas....

MURAIS DE BENVIDA DO OUTONO

 

Co gallo da chegada do outono, todas as aulas fixemos un mural que fala sobre os principais froitos desta estación e as súas propiedades no consumo humano...

Tipos de froitas, algunhas familiares e outras non.... gostades???

 

MURAL DE BENVIDA

 

O equipo de extraescolares e complementarias do centro diseñou un mural co mais importante que temos, os 122 nomes dos nosos alumnos... Presidindo a entrada da nosa escola...

Que mellor para traballar a lectoescritura, atención e centración que facer e buscar un encrucillado...

 

Ao pé dos nomes dos nosos nenos fixemos unha exposición de froitos do outono, exposición que sen a colaboración do noso alumnado e familias non sería posible.... vos recollestes do entorno froitas típicas da estación, que coma cada ano, recolectamos, expoñemos, clasificamos e traballamos co alumnado nas aulas.... Mirade unhas cantas....

 

EXPOSICIÓN DE FROITOS DO OUTONO

 

Que mellor xeito de coñecer a froita, coma alimento e elemento reproductor vexetal, que tocándoa, degustándoa, clasificándoa, recolléndoa...

SOBREMESAS TÍPICAS / DOCES

Cada ano, pola festa da benvida, as familias que queren traen un postre típico da casa, da zona... que mellor xeito de empezar a escola, que compartindo un anaquiño do que comemos en casa, na nosa escola.... O panorama dos postres foi cambiando, xa que este curso, ademáis de lambetadas (que en certas ocasións están moi ben) tamén se trouxeron doces sen elaborar, de froitas... Mirade, mirade...

 

 

 

Todos probamos as sobremesas e desfrutamos co seu sabor......

E despois de desfrutar das mesmas, o premio a sobremesa mais gorentosa foi para.....

O noso Bruno de 2º de Primaria, ... Felicidades¡¡¡ Todos e todas somos gañadores por poder compartir unha xornada apaixoante xuntos, de intercambio, aprendizaxe e diversión.....

 

XOGOS POPULARES

 Algo moi característico da festa da benvida é a posibilidadede poder desfrutar todos xuntos dunha xornada de xogos populares, co outono, os froitos e a cooperación como elemento de nexo de unión....

Come a mazá, sen usar as mans,.... alguén fixo algo de trampa...

Collemos a mazá dos baldes.....

Chegamos a meta xuntos¡¡¡¡¡

Carreira de relevos, cada froita co seu nome¡¡¡

 

OBXETIVO ACADADO¡¡¡¡ XUNTANZA DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA E XORNADA DE CONVIVENCIA¡¡¡ 

Conseguímolo, todos xuntos acadamos unha xornada de convivencia onde unimos lazos, desfrutamos do noso fermoso cole e departimos sobre os novos proxectos.... E coma sempre aprendemos moito e pasámolo xenial¡¡¡

GRAZAS A TODOS POR VIR e PARTICIPAR  coma sempre, xuntando esforzos por e para a mellora e desenvolvemento das inmensas capacidades dos nosos nenos e nenas¡¡¡

MAIO 2017

O Maio, festa tradicional galega, é unha actividade complementaria fundamental no noso proxecto educativo, o cal celebramos con ilusión, traballo e aprendizaxe... Ao redor desta festa facemos as alfombras frorais, preparamos o maio e traballamos as tradicións, ensaiamos as representacións e desenvolvemos expresión oral, corporal, exposición... dando o feito educativo un enfoque práctico e motivador....

 

 

Todos os nenos e nenas participaron na elaboración das alfombras florais e do Maio, celebramos a festa das frores...Que fermoso¡¡¡

 

 

Mirade que fermosas quedaron as nosas alfombras frorais¡¡¡ Fixémolas xuntos¡¡¡ E o tema? O noso proxecto de vida saudable: Móvete Máis e Aliméntate Mellor¡¡¡

 

E o noso maio quedounos precioso¡¡¡ Estamos felices de celebralo¡¡¡

Cada clase fixo unha actuación para os compañeiros e compañeiras e para as familias¡¡¡ Conmemoramos o día das Letras Galegas ao noso querido Carlos Casares...

 

Cantamos e bailamos o Maio e rematamos cantando o noso querido Himno Galego e o Himno da nosa escola, o Himno do Ramo¡¡¡

 

 

Fin do Entroido 2017

Hoxe pechamos o entroido coa queima do meco e a lectura do testamento, ofrecendo os nosos mellores desexos a alumnado, familias e mestras, e dando paso xa, a nova estación que comezará en 9 días: a primavera...

  

 

E rematamos este divertido entroido coa queima de Don Trampulleiro, coma símbolo de rexeneración e dos nosos bos desexos...

Bo Nadal e Próspero Ano Novo

Dende a Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe O Ramo queremos felicitarvos as festas a través da TV educativa: O Ramo Producións e darvos as grazas pola vosa axuda e apoio ao longo de todo este curso escolar tan emocionante e proveitoso ¡¡¡

Podedes ver o video neste enlace:

Video Nadal O Ramo

O Ramo contra a Violencia de Xénero

No CEIP Plurilingüe O Ramo celebramos o día contra a Violencia de Xénero, traballando con todos os alumnos e alumnas actividades que fomenten a paz e igualdade de todos e todas....

Partimos de unha amplia e fermosa paleta de cores, nun día luminoso de esperanza para fomentar os valores da igualdade, a paz e o amor....

E comezamos a deseñar unha mensaxe...

 

Que fixemos xuntos, con moito interese.....

Coa imaxe da muller coma protagonista..... e cun propósito.....

Transmitir unha mensaxe...

A EDUCACIÓN É A MELLOR VACINA CONTRA A VIOLENCIA E A IGNORANCIA... Fagamos un mundo mellor baixo os sólidos pilares da formación e os sólidos valores da solidariedade e a cooperación...

Excursión a Goente

Coma tódolos anos, facemos a nosa excelente e formativa saída cara o coñecemento das setas e fungos do outono, para esto contamos cunhas charlas previas, levadas a cabo polo noso amigo e antigo mestre Xoán, e despois facemos un percorrido polo campo recollendo exemplares diversos para rematar cunha maravillosa exposición, eiquí tedes unha reportaxe visual da nosa tradicional actividade...

Momento das charlas a diferentes cursos sobre a importancia das setas na gastronomia galega, a inmensa variedade das mesmas e a necesidade e importancia de coñecer ben as variedades (ou ir acompañado de un experto) para escollelas...

 

Divertido momento de aprendizaxe no propio campo. Que mellor xeito de aprender que manipulando, escollendo e explicando no propio contexto de aprendizaxe. Estes momentos non se esquecen e conseguimos unha aprendizaxe verdadeiramente significativa...

 

E para rematar completa exposición e catalogación destes primeiros e moi significativos froitos do outono. Pasade a ver a exposición na entrada da nosa escola. ESTADES TODAS E TODOS INVITADOS¡¡¡...

 

FESTA DA BENVIDA

Como cada ano, dámosvos a benvida a un novo curso escolar e a unha nova estación o outono, a través da nosa afamada e tradicional festa da benvida. Xincanas, exposicións de froitos do outono, actividades lúdicas e educativas... son parte das nosas actividades que fan escola e contan con todos vos, a comunidade educativa: alumnos, familias e mestres.

 

Exposición de froitas variadas de outono, aportadas polas familias e tamén recollidas dos nosos exteriores...

Fixemos xogos populares...

 

E degostamos saborosos postres, onde todos votamos o mais apetecible que este ano gañou Martín (4ºEP), recibindo un diploma e regalo didáctico...

MAIO 2016

Este ano celebramos o Maio de maneira moi divertida e aprendendo moitísimo, enlazamos o maio coas letras galegas e fixemos unhas alfombras florais moi fermosas entre todos os nenos e nenas, utilizando o tema do noso proxecto anual A Nosa Costa coma motivos das alfombras...

Tamén podedes ver a canción do maio neste enlace...

 

Fixadevos que alfombras de serrín tintado, con colorantes naturais, fixemos baseándonos no tema da nosa costa e no autor galardoado este ano 2016 polas letras galegas, Manuel María.

 

 Fixemos un maio que nos quedou ben fermoso, non si?

E cantamos e bailamos todos a canción do maio, quedounos xenial, neste enlace tedes o video.....

ARTE EN O RAMO II

E por fin despois de moito aprender fixemos o mural da nosa costa e da nosa escola e o lema, é este: O peixe de costa costaleiro é¡¡¡

Arte en O Ramo I

Durante este trimestre no CEIP Plurilingüe O Ramo, estamos a impulsar os nosos proxectos coa maxia da arte, así profundizamos no coñecemento do entorno e da nosa costa, así coma o respecto da mesma, deste xeito contamos co noso amigo e artista Eduardo Hermida, que nos axudou a representar as nosas ¡deas no lenzo...

 

Aprendemos a representar o noso entorno a través do arte...

 

Eduardo Hermida explicounos como é a vida e formación de un artista...

 

E comezamos a facer o noso mural que acabaremos en breve...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut