Skip to Content

Excursión a Goente

Coma tódolos anos, facemos a nosa excelente e formativa saída cara o coñecemento das setas e fungos do outono, para esto contamos cunhas charlas previas, levadas a cabo polo noso amigo e antigo mestre Xoán, e despois facemos un percorrido polo campo recollendo exemplares diversos para rematar cunha maravillosa exposición, eiquí tedes unha reportaxe visual da nosa tradicional actividade...

Momento das charlas a diferentes cursos sobre a importancia das setas na gastronomia galega, a inmensa variedade das mesmas e a necesidade e importancia de coñecer ben as variedades (ou ir acompañado de un experto) para escollelas...

 

Divertido momento de aprendizaxe no propio campo. Que mellor xeito de aprender que manipulando, escollendo e explicando no propio contexto de aprendizaxe. Estes momentos non se esquecen e conseguimos unha aprendizaxe verdadeiramente significativa...

 

E para rematar completa exposición e catalogación destes primeiros e moi significativos froitos do outono. Pasade a ver a exposición na entrada da nosa escola. ESTADES TODAS E TODOS INVITADOS¡¡¡...

 



page | by Dr. Radut