Skip to Content

MAIO 2017

O Maio, festa tradicional galega, é unha actividade complementaria fundamental no noso proxecto educativo, o cal celebramos con ilusión, traballo e aprendizaxe... Ao redor desta festa facemos as alfombras frorais, preparamos o maio e traballamos as tradicións, ensaiamos as representacións e desenvolvemos expresión oral, corporal, exposición... dando o feito educativo un enfoque práctico e motivador....

 

 

Todos os nenos e nenas participaron na elaboración das alfombras florais e do Maio, celebramos a festa das frores...Que fermoso¡¡¡

 

 

Mirade que fermosas quedaron as nosas alfombras frorais¡¡¡ Fixémolas xuntos¡¡¡ E o tema? O noso proxecto de vida saudable: Móvete Máis e Aliméntate Mellor¡¡¡

 

E o noso maio quedounos precioso¡¡¡ Estamos felices de celebralo¡¡¡

Cada clase fixo unha actuación para os compañeiros e compañeiras e para as familias¡¡¡ Conmemoramos o día das Letras Galegas ao noso querido Carlos Casares...

 

Cantamos e bailamos o Maio e rematamos cantando o noso querido Himno Galego e o Himno da nosa escola, o Himno do Ramo¡¡¡

 

 



page | by Dr. Radut