Skip to Content

PLAN DE BIBLIOTECA/PROXECTO DE VIDA SAUDABLE: RIBEIRA DE BARALLOBRE

Dentro da PDI A nosa Costa promovida dende o equipo de Biblioteca e o proxecto de vida saudable atópase o coñecemento do entorno mais próximo e as suas importantísimas propiedades educativas, así coma a adquisición de valores para aprender a coidalo coma parte de nós. Así o venres 22 de abril fixemos unha saída a Ribeira de Barallobre, onde poidemos falar cos mariscadores sobre o seu modo de vida, coñecer a Ribeira e as súas especies animais, ver o impacto da contaminación (a cal axudamos a limpar) e por último, axudamos a un amigo, xa veredes...

Saímos do cole con moita ilusión cara a Ribeira de Barallobre, despois de preparar na clase a unidade didáctica da Ribeira...

 

E fomos camiñando cara a Ribeira charlando sobre o noso proxecto, moi ilusionados en un paseo de tan só 10 minutos, que ben¡, temos o cole nun entorno natural moi fermoso...

 

Chegamos a Ribeira e puxémonos a investigar e buscar cousas interesantes do noso entorno...

Traballamos en grupo, lembrade o noso himno: Somos Un Equipo¡

 

Atopámos moitísimas especies autóctonas da Ribeira de Barallobre que estudamos, fotografamos e clasificamos...

Ata atopamos un peixe no fango atrapado, que Xaquín foi devolver ao mar...

 

Atopamos a marca do home, e entristeceunos ver esa contaminación que entre todos retiramos da nosa Ribeira...

Atopamos un Cormorán ferido, especie en perigo, e rescatámolo para que poidese ser coidado por especialistas...

Veu o especialista do centro de preservación da fauna de Oleiros que o levou e curou agradecendo moito o traballo dos nosos nenos... 



page | by Dr. Radut