Articles

O DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA NO COLEXIO

O venres 28 de xaneiro celebramos o Día da Paz e a Non Violencia no noso colexio. Deuse lectura a un manifesto e alumnos/as representantes de todos os grupos do colexio leron as súas mensaxes co gallo deste día.

Ao remate do acto todo o alumnado cantou a canción elixida para este día. Daremos máis información sobre este acto nesta web en próximos artigos.

BITÁCORA DE 5º A

Xa se pode acceder á Bitácora de 5º A dende o enlace situado nesta web do noso colexio. Esta bitácora está coordinada pola mestra titora do grupo e nela aparecen traballos dos alumnos e alumnas da clase.

O TRABALLO NO NOSO COLEXIO CO ALUMNADO INMIGRANTE NO IV SEMINARIO NACIONAL DE ATENCIÓN A ESTE ALUMNADO

Este sábado 13 de novembro dentro do "IV Seminario Nacional de Atención ao alumnado inmigrante. Experiencia e Innovación" organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e o grupo Esculca, o C.E.I.P. Nosa Señora dos Remedios participou cunha ponencia nunha mesa de experiencias.

Nesta ponencia expuxemos un resumo do amplo traballo feito no noso colexio ao longo dos últimos anos co alumnado inmigrante, detallando algunhas actividades e resumindo o feito durante o curso 2009-10.

A experiencia resultou moi positiva e unha vez máis amosamos o traballo que se está a facer no noso colexio. Isto fai que pouco a pouco sexamos un referente no traballo que desenvolvemos con este alumnado, traballo no que ten participado moi activamente todo o profesorado durante todos estes anos.

ACTIVIDADE DE CICLISMO DA FUNDACIÓN ÓSCAR PEREIRO NO COLEXIO

Durante esta semana, dende o luns ata o mércores a fundación Óscar Pereiro organizaou unha actividade de ciclismo para todo o alumnado de Primaria do noso colexio.

Os nenos e nenas divertíronse moito con esta actividade e aprenderon normas de seguridade viaria, ademais de traballar tamén o dominio da bicicleta.

 

RADIO FALADORA 62

Poderás escoitar o programa nº 62 de Radio Faladora, a nosa Radio Escolar, pinchando no seguinte enlace:

http://www.box.net/shared/37yjprccig

RADIO FALADORA 61

Pinchando no seguinte enlace poderás escoitar o programa 61 de Radio Faladora, a nosa Radio Escolar, emitido no colexio o 6 de outubro:

http://www.box.net/shared/tfglastg8c

RADIO FALADORA COMEZA OS SEUS PROGRAMAS DESTE CURSO 2010-11

No pasado mércores 6 de outubro iniciáronse as emisións de Radio Faladora, a nosa Radio escolar, correspondentes a este curso 2010-11.

Emitiuse no colexio o programa 61 que proximamente vai ser subido á rede.