Skip to main content

LECTURA EN FAMILIA DENDE OS COMEZOS! #FamiliasnaBE #bibliotecasescolares #bescolaresgal

O noso alumnado máis pequerrecho tamén goza en familia da lectura.

Luns e xoves levan unha bolsiña cun tesouro para as súas casas:

un conto e un xogo relacionado coa temática.

Unha actividade que realizarán cos que máis queren para fomentar o pracer pola lectura,

deixar voar a imaxinación, crear novas historias e gardar estes intres como tesouros.

Pois sen darlle importancia estamos creando bos cimentos cara a lectoescritura,

deixando que as emocións xoguen un papel vital como en calquera aprendizaxe.

Os xoves as bolsiñas voltarán cheas de novas historias e vivencias.

Espallade pitufiñas e pitufiños!

TEATRO #aBEtenapalabra #teatro #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de 2º de primaria leva xa un trimestre cos ensaios de teatro na biblioteca.

Están a preparar unha obra entre as tres aulas, será unha peza de Carlos Labraña,

que aínda está en proceso de creación.

Eles sacarán adiante a dramatización do borrador.

Esta peza ten un valor especial pois a persoa que da nome á nosa biblioteca a

fixo pensando en nós, nas personaxes que vemos a cotío cando entramos nas distintas salas.

Agradecer a Carlos Labraña e á rapazada que pon todo o seu empeño en mellorar día a día.

E sen deixar de rir e disfrutar!

VOLUNTARIADO #ODS17 #Axenda2030#aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Bravos e bravas ese voluntariado de 5º e 6º que coordinan actividades nos recreos.

Elas e eles adican o seu tempo ás labores da biblioteca:

realizan préstamo de libros, xogos, preparan materiais, obradoiros, aconsellan, coordinan...

 

Traballan cunha biblioteca móbil debido ás restriccións e

ao mesmo tempo opinan e colaboran no deseño da ampliación.

Ampliación que pretende compensar a brecha que está a provocar a pandemia 

e utilizar un espazo que a día de hoxe está inutilizado.

CLUB I LOVE ANIMALS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Os clubs seguen co seu funcionamento.

Pero iso require inspiración e moita organización, creación de

foros para comunicarse, facer formularios para pasar lista de asistencia e crear.

Deixar voar a imaxinación e realizar obradoiros fermosos.

Parabéns rapazada! Sodes como a marea,

poden baixarvos pero volvedes subir.

Unha mostra de I love animals!

FORMULARIO AMPLIACIÓN BIBLIOTECA #ODS16 #Axenda2030 #ALFIN #VolunatriadonaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A opinión do  alumnado voluntario ten moito valor,

por iso vos agradecemos que cubrades o formulario sobre a ampliación de biblioteca.

Pode realizalo calquera alumna ou alumno de 5º e 6º de Educación Primaria.

Podedes cubrilo dende aquí:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Agradecemos a vosa sinceridade. Gracias!


 

DÍA DA PAZ #ODS16 #Axenda2030 #ALFIN #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Valorando a nosa terra berramos alto para sementar a PAZ a cada paso.

Unha actividade coordinada por tódolos equipos do centro onde xuntos

ilustramos un desexo.

Debuxemos a paz tódolos días!

Non hai fronteiras! Terra! Tanxungueiras!

 

Pequena mostra de fondos polo Día da Paz.

CARLOS LABRAÑA VISITA A BIBLIOTECA! #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Carlos Labraña é unha figura de referencia en Cedeira, é dramaturgo

(aínda que non é ao único que se adica) e a nosa biblioteca leva o seu nome.

Moitos o coñecerán pola súa colaboración cos Amigos do Samaín.

Chegou o día e tivemos o pracer de escoitar e facerlle moitas preguntas.

Hoxe Carlos Labraña tivo a palabra!

Gracias por compartir o teu tempo con nós!

COÑECES A BE "CARLOS LABRAÑA"? #bescolaresgal #bescolarersgalabertas

Somos sabedores das dificultades das familias para acudir á nosa biblioteca de xeito aberto,

como antes da pandemia, debido ás restriccións. Moitas delas incorporáronse xusto neste período

e non saben nin coñecen os espazos dos que gozan os seus fillos e fillas.

Queremos poñer un pequeno parche e abrir un buratiño na Biblioteca Carlos Labraña,

así podedes ollar como é un Laboratorio Creativo de Aprendizaxe, a nosa biblioteca Lía.

Imos recuperar algúns arquivos para amosarvos...

Polo 2019 veñen gravarnos dende a Asesoría de Bibliotecas e publican este vídeo tan bonito.

Dende aquela xa choveu e a biblioteca sufriú novas remodelacións. 

Nunha das salas incorporamos ata unha cociña, si na mesma biblioteca non lestes mal, non!

Nela tamén hai uns asentos bancadas para escoitar exposicións, autores, contacontos e mesas de

montaxe rápida para realizar os obradoiros. As mestras/es e incluso alumnado deseñan

estas actividades para poder gozalas todas as semanas. É un espazo que oferta múltiples usos.

 

Tamén temos un xardín interior para ler, conversar e facer zumes de limón no verán!

A Biblioteca "Carlos Labraña" está aberta a todo o alumnado e profesorado.

Por suposto tamén a toda a comunidade educativa. Temos habilitados uns

foros para que calquera persoa que se identifique faga as súas consultas.

Tamén podedes facelo a través do correo da biblioteca: biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

ou seguirnos no Facebook ou no Twitter.

Nestes cursos buscamos proxectos para ter ás familias moi presentes e achegalas o máis que nos permiten,

como é o caso da Biblioteca Humana e que vos convidamos a participar.

Confiamos que para o vindeiro curso, o burato se abra totalmente deixando que a vosa marea nos inunde

e que as portas abertas para as familias sexan a nosa nova realidade.

 

 

PROXECTO INMERSIÓN LINGÜÍSTICA #ABP #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Neste outono tivo lugar un proxecto de inmersión lingüística con sede en León.

 

Ata alí desprazouse un grupo de alumnas e alumnos para compartir

un proxecto sobre como a ciencia pode mellorar o mundo.

 

 

Temos aquí unha pequena mostra das actividades realizadas.

 

Unha experiencia para repetir!

 

AdxuntoTamaño
RESUMO DO PROXECTO DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA.pdf108.78 KB