Skip to Content

Ed. Física

clases de educación física

- CORONAVIRUS -

O peche dos centros, a limitación de actividades extraescolares e o confinamento na casa aumentan as horas de inactividade.

A pregunta agora é que facer cos fillos durante estes 15 días. Temos que empezar por reorganizarnos. Temos que decidir as horas de levantarse e acostarse, as comidas, actividades durante o día e o tempo libre, pero de maneira flexible.

A actividade física vai ser moi importante á hora de manternos sans. E non hai mellor maneira de moverse que xogando. Temos unha morea de xogos de mesa moi entretidos, dende o parchís ao mikado, as cartas, xogos de rol. Podemos xogar ás construccións, extender figuriñas, cochiños, monecas...nun rincón da casa e non recollelos nunha semana. Ou lavar a roupa das monecas. Hai que deixar oco para os xogos máis activos, como o escondite, bailar, ping pong si temos espazo...Ou facer ioga (si os pais saben facelo) ou unha taboa de exercicios...

"Para todos vai ser unha ocasión de xogar máis, hai nenos que non o fan nin o fin de semana. É hora de sacar todos os xoguetes de Reis, que algúns apenas sairon da caixa", recomenda Imma Marín.

Dende este espazo iremos pondo a diario algunhas recomendacións, suxerencia

ou exercicios para que fagamos en familia. Hoxe empezamos cun exercicio de ioga

que todos coñecedes, unha taboa de exercicios de quecemento e un video

explicativo de como esta situación nos afecta como deportistas.

Saúdo ao sol

Taboa de quecemento

CORONAVIRUS 2019

 

 

 

O RINGOL

Bos días deportistas!
Hoxe imos falar dun deporte alternativo, cooperativo,
inclusivo e igualitario que estamos a practicar na clase
de educación física:
 
O Ringol.
 
O Ringo xurdiu en Sevilla, dado que un grupo de
mestres querían atopar outras prácticas alternativas
nas súas clases de Educación Física. Está pensado
especialmente para o alumnado con dificultades nas
habilidades motrices, pero todos podedes participar.
 
É un deporte que combina xogadas e regras doutros
deportes: balonpé, balonvolea, baloncesto, rugby e
balonmán.
 
O terreo de xogo é similar ao que temos no colexio,
tanto na pista do ximnasio como na pista do patio de
arriba, e tempo de xogo divídese en dúas partes de 15
minutos cada unha.
 
As regras do Ringol son as seguintes:
O obxetivo é introducir o balón na portería ou no aro
contrario. Fórmanse equipos mixtos de seis
xogadores en cada campo e un porteiro.
Os participantes poden utilizar todas as partes do
corpo, excepto cabeza e os puños e só se pode dar
un toque; tendo como máximo o balón agarrado 5
segundos dentro da área contraria. De seguido, o
xogador/a lanzará o balón á portería e intentará
encestar ou pasar a outro compañeiro ou compañeira.
 
Agora que xa coñecemos este deporte, só nos queda
pornos mans á obra e... a xogaaaar!!!

EVA ÁLVAREZ de 6º de primaria.

Resultado de imagen de RINGOL

UNHA ACTIVIDADE MOI ACUÁTICA

O ano 2020 trouxo ao CEIP Mestre Manuel García unha nova actividade que nos axuda aos alumnos/as a desenvolver ao máximo as nosas capacidades físicas. Falamos da natación.

A natación ten como obxectivo desprazarse moi rápido pola auga mediante diferentes estilos, chamados “crol, braza, mariposa e espalda”.

Os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria, comezamos no mes de xaneiro a ir a clase de natación todos os martes na piscina climatizada municipal de A Guarda. Antes de empezar a primeira clase, os monitores ensináronnos as regras: Cada nadador debe ir pola súa “calle” sen molestar aos demais. A saída indícase cun sinal acústico. Só se pode facer unha saída nula. O tempo que tarda cada nadador determínase cando este toca a parede ao chegar.   

Todo listo! Comezamos a clase…

Os alumnos/as que non saben nadar son acompañados por un monitor  e poñen un churro para a súa seguridade. Aos outros repártennos por distintas “calles” e facemos exercicios cunhas táboas mentres nadamos.Finaliza a sesión con 15 minutos para ducharnos e recoller, para volver ao colexio en autobús.

 EVA ÁLVAREZ (6º primaria)

A MILLA DE OIA 2019

Este ano entre outras moitas actividades na área de Educación Física propuxémonos un reto: pornos en forma en compañía dos nosos amigos e das nosas amigas. No més de outubro un día á semana corremos unha milla (1500 m. Aprox). En novembro dous día a semana, e en decembro 3 días á semana correndo unha milla. Foi unha actividade na que se animaron a participar os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º. A pesar do esforzo foi moi divertido e saudable.

Contando as millas recorridas por todo o alumnado sumamos 382 millas recorridas, casi 600 km.

Para o curso que ven repetiremos, animádevos a participar!

CAMPO A TRAVÉS

O pasado mércores, 4 de decembro de 2019, o alumnado de 4º e 5º de primaria do acudiu a unha carreira de CAMPO a TRAVÉS na praia da Ladeira en Baiona.

Esta carreira está incluida no programa XOGADE da deputación de pontevedra e nel participan colexios de toda Galicia que se organizan por zonas educativas. A nós tocounos competir na zona do Baixo Miño e Val Miñor. Moitos dos corredores eran coñecidos doutras competicións de anos anteriores. Foi unha xornada emocionante chea de reencontros e emocións na carreira.

VOLTA CICLISTA A GALICIA 2019

O pasado venres, 20-9-2019 os/as nenos/as do cole saímos á estrada para ver A VOLTA CICLISTA A GALICIA 2019. Era a 2ª etapa con saída e chegada en Baiona.

Exáctamente os alumnos de infantil e 1º e 2º de primaria situáronse nun lado da estrada e do outro lado estaban 3º, 4º, 5º e 6º. Tivemos que esperar ansiosos uns minutos a chegada do pelotón.

Noa nos conta que pasaron moitos coches e motos e os alumnos de 4º diséronlles; "Guapos...dalle gas!" Os ciclistas pasaron como raios, os máis lentos a 35km/h e os máis rápidos a 46km/h.

Despois de comer, Ángel estivo collendo bidóns dos ciclistas para o cumpleanos da súa irmá. Hugo observou como un ciclista lanzaba un bidón e casi lle deu a un alumno de 5º.

HUGO S., ÁNGEL e NOA de 4º primaria.

 

FINAL DO CAMPIONATO DE ATLETISMO ESCOLAR

Con moito esforzo e algo de sorte, o alumnado de 5º de primaria, clasificouse para participar na Final de Atletismo Escolar de Pontevedra. Esta celebrouse o pasado martes no Centro de Alto Rendimento de Pontevedra.

Xuntáronse 24 colexios de toda a provincia e competimos nas mesmas probas que xa coñecíamos: Lanzamento de peso e vortex, 60ml, 500ml, salto de lonxitude e relevos 4x60ml. Os resultados foron moi bos (quedamos de onceavos) e pasámolo xenial...que ganas temos de seguir correndo, saltando e lanzando.

TORNEO DE TENIS

Un ano máis, e xa van 3, celebrouse nas instalacións do noso colexio o Torneo de Tenis Escolar Concello de Oia.

Foi unha xornada moi divertida na que se fixeron campeonatos nas categorías de peques, prebenxamín, benxamín e alevín. Ademáis colaboramos cunha causa solidaria, aportando alimentos non perecederos ao banco de alimentos do concello.

Enhoraboa a todos e todas as deportistas e a seguir entrenando.

XORNADAS DE ATLETISMO NO CUVI 2019

Este martes, 21 de maio de 2019, fomos invitados a Vigo para celebrar unhas xornadas de convivencia e atletismo organizadas polo Deporte Escolar.

Asistimos o alumnado de 5º de primaria e as probas foron, 60ml., 500 ml., relevos 4x4, lanzamento de vortex, lanzamento de peso e salto de lonxitude. Tamén acudiron a esta cita os colexios de A Guarda e o de Refoxos. Fixemos novos amigos e amigas e sobre todo vivimos o atletismo e a competición nun día de convivencia xenial.

LOITA OLÍMPICA EN BAIONA

O martes pasado, 2 de abril, fixemos unha xornada de LOITA OLÍMPICA no pavillón de Baiona. Estivemos os nenos e nenas de 4º de primaria con nenos e nenas dos colexios de Covaterreña, Fontes, Sabarís e Mallón.

Na pista do pavillón había dous tatamis reglamentarios e neles fixemos os xogos que tiñamos preparados. Competimos cos nenos e nenas dos outros coles e fixemos moito exercicio e novos amigos e amigas.

Os xogos son:

  • Loita de rabichos
  • Darlle a volta á tortilla
  • Soga-tira
  • Roubar o balón

Pasámolo xenial!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut