Programa décimo oitavo da Radio ARRABAL, a radio do CEIP Mestre Manuel García. Esta semana adicado a Rosaliía de Castro. Ademais, moitos contidos de interese: a historia da hamburguesa, virus informáticos, especies en extinción, xadrez, videoxogos, música e moito máis. A voar nas ondas do Arraballllll!!!!
Unha medición máis dos residuos que xeramos no recreo, indícanos que pouco a pouco imos reducindo o lixo. Esto significa que imos concienciándonos da importancia de coidar o noso planeta.
O XOVES, 25-2-2021, recollemos 3.2 kg de lixo xerado no recreo!!!
Recordade que debemos eliminar os plásticos e envases dun só uso nas merendas. Durante o curso comprobaremos se somos capaces de acadar o noso obxetivo: CERO RESIDUOS!!!
Un ano máis celebramos o día de Rosalía todos xuntos. En familia fixestes uns magníficos videos sobre os poemas de Rosalía. Aquí tedes o resultado dos traballos. FELIZ DÍA DE ROSALÍA.
Todos e todas diferentes, porque así somos. Diferentes, únicos e diversos.
Mediante antifaces, puxémonos de acordo e conversamos para elixir cada un e cada unha a súa. As nosas personalidades, pensamento crítico, gustos e intereses persoais, mostranse nas nosas eleccións, e nos razoamentos para decidir entre tantas opcións.
Deste modo, mediante estas fotos, coñecerédesnos un pouquiño máis. Sorprendidos???