Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Informamos que está aberto o prazo de solicitude para a participación no fondo solidario de libros de texto para os cursos de 3º e 4º de Educación Primaria, axudas para adquirir libros de texto para 1º e 2º e axudas para adquirir material escolar para 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educacón Primaria.

A solicitude será única para todos @s fill@s que estean escolarizados no centro para o curso 2021-2022.

* O prazo de presentación das solicitudes remata o 22 de xuño de 2021.

PRESENTACIÓN

1.- Na aplicación FONDOLIBROS (www.edu.xunta.es/fondolibros). Poderán presentala no colexio, ou ben directamente na Sede Electrónica (http://sede.xunta.gal)

ou

2.- Cubrindo a solicitude impresa e presentándoa no colexio.

 

Prema no seguinte enlace para máis información:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210520/AnuncioG0598-070521-0001_gl.html ORDE DO 6 DE MAIO DE 2021

PROXECTO FOTO

Proxecto "FOTO" é unha experiencia realizada polxs alumnxs de 4º de Ed. Primaria na última etapa deste curso 2020-2021. Con motivo do estudo da luz e as súas características aventuráronse a fabricar as súas cámaras escuras, neste caso cámaras estenopeicas, unha das primeiras utilizadas no mundo da fotografía. Ademais investigaron e experimentaron o proceso de revelado que deu momentos de moita intensidade e emoción.

     

O PARLADOIRO 2020 - 2021

Clicka na imaxe para leer O PARLADOIRO 2020 -2021

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE ♻️

O pasado cinco de Xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente.

Bailamos e cantamos pola saúde da Terra!!!! 

Tamén limpamos unha praia, a de lixo que atopamos!!!! 

Radio Arrabal #30

Último programa da Radio Arrabal deste curso 2020-2021. Un ano para o recordo, de moitas emocións e con moitas cousas que contar. A historia da radio escríbese en Oia e, máis concretamente, no CEIP Mestre Manuel García. Gracias a todxs xs navegantes das ondas do Arrabal por capear as marusías e por estar aí cada semana. Volvemos para o curso que ven. E como di Pablo Terremoto, adeusssssssssssssssssssssssss!

Radio Arrabal #28

Programa número vinteoito da Radio Arrabal. Este programa ten unha valor moi especial xa que entrevistamos ao capitán do barco do noso cole, ao director de orquestra, a Manuel Fajar Salcidos. E coma sempre, contidos de moita actualidade e moi interesantes. Xa non queda nada e moi atentos que para a semana recollemos os comprobantes das participacións do concurso da radio. A seguir surfeando nas ondas do Arraballllll!!!!

BESOS VOLADORES

E TI, A QUEN LLE ENVIARÍAS UN BICO VOADOR?

 Risa

MANTÉDEVOS ATENTOS E ATENTAS, PODE CHEGAR UN A VOS EN CALQUER MOMENTO!!!!

 

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

PARA CONMEMORAR AS LETRAS GALEGAS E A AUTORA HOMENAXEADA, XELA ARIAS, LEVAMOS A CABO VARIAS ACTIVIDADES: ESCRIBIR NAS FRECHAS PALABRAS GALEGAS, PINTAR CAMISETAS DE SÚPER GALEG@S, ILUSTRAR POEMAS... 

NESTE VÍDEO, TEDES UN RESUMO. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE. 

(A MÚSICA É O RAP DO ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA) 

 

Vibrando con Xela

"Vibrando con Xela" é unha canción realizada polos alumnxs de 5º de Ed. Primaria do CEIP Mestre Manuel García (Oia) para presentar aos III Premios Internacionais de Podcast Xosé Mosquera Pérez , "O Vello dos contos". Maio 2021.

Aquí tedes a letra para cantala. Que a música non pare!!!!