Skip to Content

4º primaria

Radio Arrabal Fin de curso XUÑO 2024

Ultimísimo programa da Radio Arrabal deste curso 2023-2024. Despedida, un pouco de música e entrega de premios do gran concurso da nosa radio. Noraboa a tod@s @s premiado e moitas gracias por participar. Para o ano que ven moito máis e mellor. Agora toca descansar e escoitar os progrmamas anteriores e buscar novos retos. Feliz verán desde a radio máis molona de todo o Baixo Miño.

A voar nas ondas da Radio Arrabal!!!!

TOLEMIAS INIMAXINABLES 9

Noveno programa de Tolemias Inimaxinables, o programa máis tolo da Radio Arrabal. Esta semana desprazámonos ao curro de Mougás e alí falamos cun invitado moi especial. Máis historias e sucesos varios que nos ocorren día a día, ata unha viaxe sorpresa ao antigo Exipto. E non vos olvidedes do concurso da Radio Arrabal que queda pouco para a gran final. A voar nas ondas do Arrabal.

 

TOLEMIAS INIMAXINABLES 8

Novo programa de Tolemias Inimaxinables e parece que xa chega o verán. Programa cargadiño de contidos do máis extravagantes: podcast sobre Luisa Villalta, relatos misteriosos arredor da casa forestal de Oia, entrevista ao bufo Raio e o seu primo, espazos publicitarios e moita música para este tempo estival. A desfrutar e voar coas ondas de Radio Arrabal.

 

"LAtexos a 440" (Podcast sobre Luisa Villalta)

"LAtexos a 440" é unha pequena peza de teatro radiofónico creada pol@s nen@s de cuarto onde tentamos introducir aos radiooíntes nunha historia de loita, música e superación xurdida da reinterpretación do libro e posterior filme “Fahrenheit 451” de Ray Bradbury a través dunha anécdota vivida por Luisa Villalta cando era mestra no seu instituto. Ademais poderase encontrar alusións a outras obras e temáticas importantes para a escritora. Clika na imaxe para escoitalo.

 

 

 

TOLEMIAS INIMAXINABLES 7

Novo programa de Tolemias Inimaxinables, o programa máis tolo da Radio Arrabal. Neste programa os nenos e nenas de cuarto faláronnos da incrible sorpresa que lles realizaron, datos do Faro Silleiro, unha tola entrevista a gaivota Bellota e da excursión que fixeron ao Mosteiro de Oia. Para rematar escoitamos unha canción relacionada coa importancia da auga hoxe en día. Esperamos que vos guste e volvemos o próximo programa. A voar nas ondas do Arrabal!!!!

ATLETISMO E VOLEI no ifevi con 4º e 5º

Chegou o momento dos encontros escolares de XOGADE. Despois de prepararnos duramente para ser unhas boas xogadoras de volei e uns atletas estupendos, fomos ao IFEVI para xuntarnos cos outros coles que participan no programa. Compartimos  experiencias, carreiras, partidos e merendilla. Aprendemos a que o importante non é gañar senón participar e divertirnos. Agora xa temos moitas amigas e amigos dos outros coles da bisbarra. Adiante co deporte!!!

Álbum: CURSO 2023-24 -> IFEVI 4º_5º

VISITA AO MOSTEIRO DE OIA

O pasado luns, 15 de abril, o alumnado do colexio saíu a explorar a contorna. Nesa exploración parámonos no MOSTEIRO DE OIA. É o patrimonio máis representativo do noso pobo e non podíamos deixar de visitalo. 

Acompañadxs por guías fomos descubrindo os seus segredos, beleza e historia. Este mosteiro, onde nace Oia, trátase do único mosteiro cisterciense situado ao carón do Atlántico. E dende 1931 goza da maior protección legal en materia de patrimonio histórico.

Sin dúbida será unha visita que repetiremos tódolos anos para por en valor o noso pobo. Aquí tedes algunhas fotos e un enlace onde atopar información desta fantástica visita. 

Clica na imaxe para saber máis sobre o mosteiro

 

Álbum: CURSO 2023-24 -> VISITA AO MOSTEIRO

TOLEMIAS IMAXINABLES EN DIRECTO

Álbum: CURSO 2023-24 -> TOLEMIAS IMAXINABLES

TOLEMIAS IMAXINABLES 6_ESPECIAL FIN DE TRIMESTRE

 Novo programa en directo do alumnado de 4º, programa especial de fin de trimestre. Falamos das últimas novas do cole, efemérides do mes de marzo e moito máis. Por suposto entregamos os premios do concurso da radio e quedamos encantados, animádevos a participar para a próxima edición.

Agora a disfrutar do programa e das vacacións, o traballo está feito. Adeuuuuus!!!!

PROGRAMA ESPECIAL CROS 6º

Aquí tedes o podcast que preparou 6º para falarnos da súa aventura no CROS DEPORTE ESCOLAR...atentas para contestar ben á pregunta do concurso.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut