Skip to Content

4º infantil

VISITA AO MARCO EN VIGO

O pasado venres, os nenos e as nenas de Educación Infantil e 1º de Primaria, puidemos ir de visita ao Marco en Vigo a coñecer máis a Juan Giralt, e facer obras de arte baseadas na súa técnica.

ENTROIDO 2024

Este venres, 9 de febreiro, celebramos o Entroido todxs xuntxs no cole. Comemos lambonadas típicas deste tempo e para baixar tanta caloria, fomos bailar e disfrutar desta tradición tan querida. Por mor do mal tempo houbo que suspender o desfile polas rúas do Arrabal e as familias non poideron asistir. Quedamos no pavillón e aquí tedes unhas fotos para o recordo.

Álbum: CURSO 2023-24 -> ENTROIDO 2024

XOGOS POPULARES DE PEQUENOS E GRANDES

Álbum: CURSO 2023-24 -> Xogos Populares

EN MARCHA A PLANTACIÓN DE SETAS

Sigue adiante a plantación de setas que fixemos con "ideas para o teu horto". Xa saliron algunhas setas pequeniñas pero ainda ten que crecer moito a produción. Seguiremos atentxs. Por un consumo de proximidade e sostible!!!

Álbum: CURSO 2022-2023 -> plantación setas cardo

COMO CULTIVAR setas en casa, RECICLANDO posos de CAFE

O alumnado de infantil aprendeu esta semana a cultivar setas reciclando os posos de café. Foi Miguel quen nos explicou o proceso e axudounos a facer a nosa primeira plantación de setas. Na páxina web de ideas para tu huerto está toda a información de como reciclar un «residuo» como son os posos de café e cultivar setas. Agora esperaremos 3 semanas e a ver si sae a colleita.

   
   

 

O PARLADOIRO 2020 - 2021

Clicka na imaxe para leer O PARLADOIRO 2020 -2021

PLANTACIÓN DO HORTO ESCOLAR

 Xa chegou a primavera e o tempo de plantar...si, rapaces e rapazas no colexio traballamos a agricultura durante todo o ano. Agora tocan as verduriñas de primavera /verán. Ainda que cada semente quere o seu mes para ser plantada, nós planteremos todo xunto con moito mimo para ter unha boa colleita. Empezaremos polas cabazas, tomates, pementos. Unha semana despois as leitugas, acelgas, espinacas.

Que ricas van estar esas ensaladas, cremas e menestras de verduras ou esas verduras pasadas pola grella!!! Por non falar dos sustos que meterán as cabazas no Samaín!!!

Haberá que falar cos periodistas da sección de Masterchefs da semana e que nos busquen unhas receitas riquísimas para os productos da nosa horta.

Rematamos cun refrán da cultura agrícola:

Cava hondo, echa basura y ríete de los libros de agricultura”

Boa colleitaaaa!!!

 

 
 
 

ALBORADA, DE ROSALÍA DE CASTRO

PARA CONMEMORAR O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS, ILUSTRAMOS O SEU POEMA ALBORADA. 

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE. 

Distribuir contido


by Dr. Radut