Skip to Content

3º primaria

ENTROIDO 2024

Este venres, 9 de febreiro, celebramos o Entroido todxs xuntxs no cole. Comemos lambonadas típicas deste tempo e para baixar tanta caloria, fomos bailar e disfrutar desta tradición tan querida. Por mor do mal tempo houbo que suspender o desfile polas rúas do Arrabal e as familias non poideron asistir. Quedamos no pavillón e aquí tedes unhas fotos para o recordo.

Álbum: CURSO 2023-24 -> ENTROIDO 2024

AS ÁRBORES DO COLEXIO

O mal tempo está impedindo que fagamos os traballos da horta, para non estar parados imos seguir plantando árbores frutais. Como non temos moito sitio no cole para tanto frutal, faremos un bosque urbano. Agora xa son catro árbores as que temos para plantar, serán moitos máis.

O seu nome científico é MALUS DOMESTICA.

Trátase dunha MAZAIRA.

O seu nome científico é CITRUS SINENSIS.

Trátase dunha laranxeira de tipo NAVELINA.

O seu nome científico é PRUNUS DOMESTICA.

Trátase dunha CIROLEIRA .

O seu nome científico é PIRUS COMMUNIS.

Trátase dunha PEREIRA.

 

O alumnado de 3º de primaria encárgase de transplantalas para as súas macetas e entre todas coidarémolas esperando que nos den ricas froitas.

A HORTA 23-24

Co curso xa ben avanzado, por fin estamos pensando nos traballos agrícolas do noso cole. O primeiro que faremos será recoller a horta e deixala limpa e coa terra abonada para a nova plantación de inverno. Estupendo!!!!


UNHA NOVA ÁRBORE NO COLE

Como o curso pasado plantamos unha maceira, este ano trouxemos unha laranxeira para que lle faga compañía.

O seu nome científico é CITRUS SINENSIS.

Trátase dunha laranxeira de tipo NAVELINA.

O alumnado de 3º de primaria encargouse de transplantala para a súa maceta e entre todos coidarémola esperando que nos dé ricas laranxas.

VISITAMOS O ARRABAL CON CRISTINA PIZÁN

Saímos dende o colexio para facer un percorrido polos arredores. Visitamos Chavella, O Arrabal, A Picota e a Capela de San Sebastián sempre acompañados pola dama do século XV Cristina de Pizán. Axudamoslle a buscar a "Cidade das mulleres" e estamos seguros de que ben podía estar en Oia esa utópica poboación. Seguiremos investigando sobre as mulleres e os traballos tan importantes que facían e o pouco recoñecidos que eran. Viva a igualdade!!!

Álbum: CURSO 2022-2023 -> CRISTINA PIZAN

MAZAIRA PORTA DE LOJA

Regalaronnos unha mazaira do tipo porta da loja (Malus Domestica). É de orixe portugués e ten o seu orixe no norte do país veciño, concretamente en Braga. É unha mazá das variedades tradicionais, unha variedade antiga. É unha árboré de produción tardía que madura a finais do outono. 

De momento está nun macetón para que a vaimos coñecendo pero despois teremos que buscarlle un sitio para que teña terra suficiente e poda crecer.

V CONCURSO PODCAST RADIO NA BIBLIO

Bos días rpazas e rapaces, hoxe na RADIO ARRABAL temos os tres podcast finalistas do V Concurso da Radio na Biblio. As nenas e nenos de 3º, 5º e 6º fixeron un traballo excelente e agora toca escoitar o resultado. Empezamos por escoitar O cego de Pumardedón, Curiosidades sobre Francisco Fernández del Riego e Da dorna á pesca de arrastre. En próximos programas escoitaremos o resto das gravacións.

Adiante coa RADIO ARRABAL!!!

Convocatoria del programa Radio na biblio para el curso 2021/22 |  Consellería de Cultura, Educación y Universidad

 

CONCURSO A NOSA ROSALÍA

O alumnado de 3º volve participar no concurso da Deputación de Pontevedra polo día de Rosalía. O concurso, denominado a NOSA ROSALÍA, quere facer homenaxe a figura de esta escritora galega tan importante. Esta vez dende unha perspectiva de loita dos dereitos das mulleres e centrándose na arte como medio de comunicación. A nosa obra, sementes de mulleres enlatadas representa a represión a que se tiveron que enfrontar moitas mulleres galegas pertencentes a diferentes ámbitos. Enlatadas nunha sociedade desigualitaria. Coñecimos a estas mullleres, a súa traxectoria e a súa historia persoal. O ano pasado gañamos, que pasará esta vez? 

Pase o que pase, estamos encantados de coñecelas e de darlle visibilidade mediante a nosa obra a súa importante labor. 

PINTANDO ÁRBORES CON PINCEIS ~ MEDIO AMBIENTE

O alumnado de terceiro escolleu a temática da reciclaxe como o coidado principal do medio ambiente. Así de fermosas quedaron as súas creacións. 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut