Skip to Content

Samaín

Actuación SAMAÍN 1º

As nenas e nenos de primeiro temos o pracer de presentarvos a nosa actuación do SAMAÍN. Afondando nesta tradicional festividade descubrimos a súa orixe celta, aprendemos vocabulario e pasámolo en grande bailando e cantando esta fermosa cantiga. Esperamos que vos guste. Auuuuuu!!!

 

Contacontos Drácula

As alumnas e alumnos de primeiro contando o conto de Drácula. Expresión oral e improvisación para traballar o Samaín máis terrorífico.

Esperamos que vos guste.

 

Actuación Samaín 6º

Benvidas e benvidos ao concerto virtual do alumnado de sexto.

Canción e percusión corporal ao ritmo do Samaín. Esperamos que vos guste!!! Sorriso

 

FESTA DO SAMAÍN 2019

A festa máis terrorífica chega ao cole de Oia.

O pasado día 30 de outubro foi a festa do Samaín no noso colexio. Este ano fixémola no ximnasio onde os nenos e as nenas de 6º interpretaron o "Tunel do Terror". Qué medo!!! Unha vez pasado o mal trago desfilamos por clases e bailamos todos e todas xuntos dentro do ximnasio.

Días antes cada clase decorou unha cabaza. Puxéronse nas portas das clases, decoradas para esta ocasión. Cada neno levou a súa parte dunha merenda terroríficamente deliciosa que disfrutamos no comedor.

Clica AQUÍ si queres ver as fotos e os videos.

ÉDGAR, INÉS e LUCÍA 5º de primaria.

SAMAÍN 2018

Xa chegaron as noites de inverno frías, longas e terroríficas. Xa chegaron a Santa Compaña e a súa ringleira de difuntos...andade con ollo que non vos atrapen na súa fúnebre festa.

Aquí no colexio de Oia houbo moito medo pero tamén moitas actividades e moita diversión.

Celebramos o Samaín cun concurso de caras terroríficas, unha exposición de cabazas, decoramos as portas das clases, un tunel do terror e rematamos cunha gran festa de pantasmas, monstruos, bruxas, esqueletos e todo tipo de seres de ultratumba...

Atrévete e fai CLIC nas fotos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Resultado de imagen de calabazas

Resultado de imagen de tunel del terror

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CONCURSO DE CABACIÑAS

Xa temos as cabaciñas gañadoras deste ano. O alumnado, despois de axustada votación, decidiu dar os premios aos seguintes concursantes:

 

  • CABAZA MÁIS TERRORÍFICA - Lara Balboa (5º)

 

  • CABAZA MÁIS ORIXINAL - Samuel Rodríguez (5anos)

 

  • CABAZA MÁIS SIMPÁTICA -Inés Castro (3º)

 

Outras cabazas que tamén recibiron mención foron:

  • 3 anos - Pedro Rodríguez                                                1º - Sara Liébanas                                              4º - Ainara Lomba
  • 4 anos - Carlota Moreira                                                 2º - Leire da Silva                                               5º - Noa Español
  • 5 anos - Daniela Domínguez                                           3º - Xan Fernández                                             6º - María Alonso

 

 

ENTRE HALLOWEEN E SAMAÍN. CURSO 2015 - 2016

 

               
       

 

ENTRE HALLOWEEN E SAMAÍN. CURSO 2015     

 

       
       

 Como todos os anos celebramos, "Entre Halloween e Samaín", decorando o cole e co concurso de

cabazas; pero este curso o equipo de Dinamización Lingüística, sorprendeunos e asustounos de

verdade co "Salón do Terror".

Mirade estas imaxes e veredes a gran participación que houbo, cales foron as cabazas  gañadoras

e as imaxes do "Salón do Terror".

 

VIDEO 

 

 

 

 

 

 

O GAÑADOR E GAÑADORAS DO CONCURSO DE CABAZAS

 

 

 

 


 

 SALÓN DO TERROR

 

 

 

 

 

 

E para finalizar a festa degustamos unha torta terroríficaaaaaaaaa!!!!!!!!

 

 

 

 

 

 

 

       
                 
       

SAMAÍN 2015 by Slidely Slideshow

 

ENTRE HALLOWEEN E SAMAÍN

 

               
       

ENTRE HALLOWEEN E SAMAÍN     

 

       
       

 
  Sabíades que o SAMAÍN ten máis historia ca Halloween? Pois si! A celebración de Halloween inspirouse nesta  festa celta.

 Cando os celtas habitaban Galiza, o seu calendario era moi diferente do noso. O seu aninovo era o 1 de    novembro. 

  Esta noite, a que vai do 31 de outubro ao 1 de novembro, era a súa noite máxica.

 

 

CELEBRACIÓN NO COLE 

 

Gañadores do concurso das cabazas 

 

 

Aquí tedes unha mostra das cabazas feitas polo noso alumnado  coa colaboración das familias e

tamén as  imaxes da celebración do Samaín

 

 

 

 

       
                 
       

Entre Samaín e Halloween by Slidely Slideshow

Entre Samaín e Halloween 2 by Slidely Slideshow

RECURSOS SAMAÍN

                                              

 

A

   

 RECURSOS INTERACTIVOS

 

 
       

  

 

          

                  

         

 

 

MATERIAL DIDÁCTICO

  

                         Nestas páxinas atoparedes diferentes recursos

 

       
                 
         

 

                                            

Distribuir contido


by Dr. Radut