Skip to Content

Proxecta

CAMPIONATO COOPERATIVO BADMINTON 5º

Un ano máis o alumnado de 5º de primaria remata o curso cun campionato cooperativo. Esta vez adicado ao BADMINTON e organizado entre tdxs para que fose un traballo cooperativo. Os reusltados foron o de menos e as medaias temos que compartilas.

 

A MILLA DA NOSA ESCOLA

O sedentarismo converteuse nunha ameaza para o noso alumnado que pasa máis horas sentado fronte á televisión e o ordenador que xogando ou realizando actividades ao aire libre. Para combatelo, o programa escolar “Las escuelas de la millaanima a todos os colexios a axudar aos nenos a percorrer unha milla diaria cos seus compañeiros de clase. Ao igual que os cursos pasados, na nosa escola decidimos participar adaptando o reto ás idades dos nosos alumnos. Según a climatoloxía nos permita faremos a milla 1.600 m. no ximnasio ou no campo. Deste xeito, ademais de adquirir hábitos saudables e outros beneficios, estaremos en forma se a final de curso decidimos volver a facer un anaquiño do Camiño de Santiago como hai dous anos.

A milla da escola no curso 2018/19

RESULTADOS DA VALORACIÓN DO PROXECTA+ DONAS DE SI

Chegamos ao fin deste marabilloso curso e polo tanto quixemos valorar e avaliar o traballo efectuado relacionado co Proxecta+: Donas de si "Valiosas". Xa que só desta forma podemos inserir propostas de mellora de cara a vindeiros cursos ou proxectos.

Para avaliar o proxecto empregáronse dúas escalas de valoración: unha para o alumnado e outra para o profesorado participante. Os resultados obtidos poden visualizados descargando o arquivo adxunto.

Contacontos María Casares

Hoxe foi un gran día, xa que desfrutamos dun contacontos que formará parte dos libros da colección de Mulleres Galegas e que se encaixan dentro do Proxecta+: Donas de si “Valiosas”.

Neste caso, tal como nos informaron os autores publicarase en breves o de María Casares. E nós tivemos a sorte de contar coa primicia:

 

 

    

 

Que ben o pasamos! Ata aprendemos a facer caricaturas.

MULLERES DA HISTORIA

O alumnado de 2º e 4º de Educación Primaria segue traballando  coa finalidade de por en valor as mulleres da nosa sociedade. Por iso, quixemos homenaxear as mulleres da nosa historia, xa que por desgraza moitas veces quedaron relegadas a un segundo lugar.

Para iso, estivemos traballando os libros da colección Mulleres Galegas composta por cinco biografías de mulleres: Ángeles Alvariño, Maruja Mallo, María Victoria Moreno, Ernestina Otero e Ángeles Ruiz Robles.

A continuación poden observar algunhas imaxes do fantástico resultado:

 

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Onte, 8 de marzo, conmemoramos o “Día Internacional da muller” no centro; xa que apostamos por visibilizar e pór en valor as mulleres da nosa sociedade.

Para iso, dende a biblioteca continúase coa exposición de libros que permite ao alumnado e familias desenvolver o espírito crítico, coñecer a labor de mulleres relevantes na historia e na súa contorna así como contribuír a súa divulgación.

 

 

Ademais nos corredores do noso colexio poden observar os carteis reivindicativos elaborados polo  alumnado de 2º e 4º de Educación Primaria, baixo o marco do Proxecta + “Donas de si: Valiosas”.

A elaboración do produto constou de varias partes. Primeiro o alumnado indagou sobre a orixe e posteriormente efectuaron os carteis reivindicativos en equipos cooperativos.

 

 

Seguimos camiñando!

MARZO: TIMBRE MUSICAL

Acaba de comezar marzo e sen dúbida estamos ante un mes moi importante, xa que o día 8 conmemórase o “Día Internacional da Muller”.

O timbre musical abordará dita cuestión, xa que este permite traballar todas as conmemoracións rexistradas na orde do calendario escolar, dende unha perspectiva lúdica e amena.

 A continuación poden observar a música escollida:

11 DE FEBREIRO: DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

O pasado 11 de febreiro conmemoramos no centro o Día da Muller e da Nena na Ciencia. O alumnado de 2º e 4º de Educación Primaria, baixo o marco de Proxecta + (Donas de si: Valiosas),  efectuou entrevistas a mulleres importantes da súa vida.

Nelas reflexionaron sobre o papel da nena na ciencia co obxectivo de fomentar o espírito crítico do noso alumnado.

Todas as entrevistas recompiláronse nun caderno conxunto que rotará por todas as aulas do centro, coa finalidade de que todas e todos xuntos poidamos enriquecernos e seguir avanzando.

A MULLER E A NENA NA CIENCIA

O 11 de Febreiro celébrase o día da muller e a nena na ciencia. No centro elaboramos unha exposición de importantes mulleres vinculadas a este ámbito, libros de ciencia e mulleres, e como non podía faltar, o biblicromo en conmemoración deste día.

 

DESEÑAMOS XOGUETES

CREANDO XOGUETES
 
O alumnado de segundo deseña e crea xoguetes que non se vinculan a ningún xénero.
Xoguetes que rompen cos estereotipos sexistas e que nos invitan a xogar e disfrutar. Xoguetes que nos convidan a soñar cun mundo mellor.
Ademáis nenas e nenos transformánse en auténticos publicistas vendendo e presentando "o mellor xoguete do mundo".
 
Unha actividade difenrete na que aprendimos moito, divertímonos e deixamos voar a nosa creatividade e imaxinación, deixando a nosa pegada nos nosos xoguetes que reflexan os nosos gustos persoais e a nosa esencia máis pura. 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut