Skip to Content

Dinamización Lingüística

LETRAS GALEGAS ~ 2023

Neste ano de cine, facemos entrega dunha revista escolar de película. 

Collede os flocos de millo e a gozar!!

CONCURSO A NOSA ROSALÍA

O alumnado de 3º volve participar no concurso da Deputación de Pontevedra polo día de Rosalía. O concurso, denominado a NOSA ROSALÍA, quere facer homenaxe a figura de esta escritora galega tan importante. Esta vez dende unha perspectiva de loita dos dereitos das mulleres e centrándose na arte como medio de comunicación. A nosa obra, sementes de mulleres enlatadas representa a represión a que se tiveron que enfrontar moitas mulleres galegas pertencentes a diferentes ámbitos. Enlatadas nunha sociedade desigualitaria. Coñecimos a estas mullleres, a súa traxectoria e a súa historia persoal. O ano pasado gañamos, que pasará esta vez? 

Pase o que pase, estamos encantados de coñecelas e de darlle visibilidade mediante a nosa obra a súa importante labor. 

PINTANDO ÁRBORES CON PINCEIS ~ MEDIO AMBIENTE

O alumnado de terceiro escolleu a temática da reciclaxe como o coidado principal do medio ambiente. Así de fermosas quedaron as súas creacións. 
 

LOCURAS POLA CIENCIA

O alumnado de terceiro arranca cun programa de experimentos que iremos subindo á páxina web para que toda a comunidade educativa poida seguilos. Animámosvos a realizalos xa que son moi divertidos e didácticos. En cada capítulo aparecerá un cienctífico ou científica que nos explicará o experimento realizado.No capítulo 1, Marie Cuie, realizará un experimento sobre o ciclo da auga. Agardamos e vos guste e vémonos no siguiente episodio de LOCURAS POLA CIENCIA. O teu navegador non soporta este vídeo.

UN ENTROIDO DE PELÍCULA

Hoxe disfrazámonos das nosas personaxes favoritas. Moitas películas, moitas historias. 

OBRADOIRO DE RAP

NON DEIXES A TÚA PEGADA

NON DEIXES A TÚA PEGADA
 
Hoxe o alumnado de segundo curso realizamos unha saída e fomos limpar a praia de Oia, tal e como fixemos o ano pasado. Esta actividade de aprendizaxe servicio permitiu ao noso ministerio de medio ambiente, formado esta semana por Teo, Alexandre e Uxía, organizar o modo no que esta recolecta se levaría a cabo. 
 
Ademais, observamos a nosa contorna, a nosa flora e fauna. Coa axuda de prismáticos e lupas descubrimos detalles imperceptibles a simple vista. Finalmente, realizamos diferentes medidas da praia empregando unidades de medida como os centímetros, os metros, os pasos...
 
Qué ben o pasamos!!!!!!!!  Guay
 

PROGRAMA GASTRONÓMICO COCIÑARTE

PROGRAMA GASTRONÓMICO COCIÑARTE

Arranca o noveno programa de CociñArte. Quédate con nós para ver esta deliciosa receita de OVOS RECHEOS da man de Violeta, de 4º de Primaria. 

Pero antes de comezar... 

Sabedes onde se orixinaron os ovos recheos?

A orixe do prato pódese ver en receitas de ovos cocidos e sazonados que se remontan á antiga Roma, onde tradicionalmente servíanse como primeiro prato. O prato é popular en Europa e América do Norte pero aí onde os vemos, son un prato de ilustre historia. Podemos remontarnos ata o Século de Ouro para ver a versión de ovos recheos.

 
 
Bo proveito!

PROGRAMA GASTRONÓMICO COCIÑARTE

PROGRAMA GASTRONÓMICO COCIÑARTE

Arranca o oitavo programa de CociñArte. Quédate con nós para ver esta deliciosa receita de OVOS RECHEOS da man de Adrián, de 4º de Primaria. Pero antes de comezar...

Sabedes onde se orixinaron os ovos recheos?

A orixe do prato pódese ver en receitas de ovos cocidos e sazonados que se remontan á antiga Roma, onde tradicionalmente servíanse como primeiro prato. O prato é popular en Europa e América do Norte pero aí onde os vemos, son un prato de ilustre historia. Podemos remontarnos ata o Século de Ouro para ver a versión de ovos recheos.

 
Bo proveito!

PROGRAMA COCIÑARTE

PROGRAMA GASTRONÓMICO COCIÑARTE

Arranca o sétimo programa de CociñArte. Quédate con nós para ver esta deliciosa receita de FILLOAS da man de Alba, de 4º de Primaria. 

Pero antes de comezar... 

Sabedes onde se orixinaron as filloas?

Aínda que é difícil atopar a orixe das filloas, hai indicios que apuntan a que os romanos xa consumían unha mestura sinxela en forma de torta. Algunhas referencias falan dunha comida elaborada con auga, especias, mel, ovos e fariña chamada phyllon. Unha palabra que, se a pronunciamos, garda moita relación coa nosa coñecida filloa. A palabra é de orixe grega e significa lámina.

Hai outra teoría que apunta a que a receita da filloa foi tradición dos pobos  precristianos e estendeuse pola Europa coñecida. Así, este produto, nas súas diferentes variantes de ingredientes e aparencia, iríase asentando por diferentes puntos da xeografía europea. O caso máis similar á filloa galega é o das famosas  crepes de Francia, xa importadas a España. 

Os  crepes son un prato típico dunha zona de Francia moi concreta: a Bretaña. As filloas, pola súa banda, o son de Galicia. Ambas as rexións, ambos os pobos, teñen en común unha cousa: a súa orixe celta.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut