Skip to Content

PROGRAMA COCIÑARTE

PROGRAMA GASTRONÓMICO COCIÑARTE

Arranca o sétimo programa de CociñArte. Quédate con nós para ver esta deliciosa receita de FILLOAS da man de Alba, de 4º de Primaria. 

Pero antes de comezar... 

Sabedes onde se orixinaron as filloas?

Aínda que é difícil atopar a orixe das filloas, hai indicios que apuntan a que os romanos xa consumían unha mestura sinxela en forma de torta. Algunhas referencias falan dunha comida elaborada con auga, especias, mel, ovos e fariña chamada phyllon. Unha palabra que, se a pronunciamos, garda moita relación coa nosa coñecida filloa. A palabra é de orixe grega e significa lámina.

Hai outra teoría que apunta a que a receita da filloa foi tradición dos pobos  precristianos e estendeuse pola Europa coñecida. Así, este produto, nas súas diferentes variantes de ingredientes e aparencia, iríase asentando por diferentes puntos da xeografía europea. O caso máis similar á filloa galega é o das famosas  crepes de Francia, xa importadas a España. 

Os  crepes son un prato típico dunha zona de Francia moi concreta: a Bretaña. As filloas, pola súa banda, o son de Galicia. Ambas as rexións, ambos os pobos, teñen en común unha cousa: a súa orixe celta.

 



page | by Dr. Radut