Skip to Content

Dinamización Lingüística

CONCURSO A NOSA ROSALÍA

TERCER POSTO NO CONCURSO DE "A NOSA ROSALÍA"

O alumnado de segundo e a súa mestra hoxe están de celebración. Nada máis e nada menos que terceiros de toda a provincia de Pontevedra, polo que participaron moreas de centros, cativas e cativos.

Un concurso cheo de amor pola nosa Rosalía, Rosalía de Castro, repleto de arte, de música, de reivindicación do papel da muller na sociedade e sobre todo un concurso cheo de devoción pola nosa lingua: o galego. Ademais todo o acto foi signado para que a mensaxe da nosa Rosalía non teña fronteiras nin barreiras de ningunha índole. 

NORABOA por este recoñecemento tan grande a todas as cativas e cativos de segundo que co seu esforzo, entrega, ilusión e creatividade lograron alcanzar o terceiro posto dun podio repleto de artistas. 

A continuación podedes ver o acto da entrega de premios que se celebrou hoxe 23 de febreiro na Deputación de Pontevedra.

 

NORABOA OUTRA VEZ PEQUENOS GRANDES ARTISTAS!!!!

Recordade:

Eu son libre, nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino.

Rosalía de Castro.

 

 

A continuación queda o link a noticia da Deputación de Pontevedra.

https://www.depo.gal/es/-/noticia-a-deputacion-celebra-a-rosalia

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

DIA DE ROSALÍA DE CASTRO Hoxe festexamos o Día de Rosalía de Castro. A continuación mostramos un vídeo recopilando todos os nosos traballos por cursos.

PROGRAMA COCIÑARTE

PROGRAMA GASTRONÓMICO COCIÑARTE

Arranca o terceiro programa de CociñArte. Quédate con nós para ver esta deliciosa receita de CREMA OU NATILLAS da man de Teo, de sexto curso de Educación Infantil.

Pero antes de comezar...

Sabedes onde se orixinaron as natillas?

As natillas son un postre lácteo moi extendido na gastronomía española. Trátase dunha crema elaborada con leite, xemas de ovos, azucre e aromas como a vainilla ou o limón. Aínda que se descoñece a súa orixe exacta, xeralmente sitúase o seu nacemento nos conventos ao longo de EUROPA.

 
 
Bo proveito!!

ORDES DA MECA

A nosa Meca Bibli xa deu as súas ordes para toda a semana. 

O luns comezaremos vestindo de mochileiros, para emprender a nosa viaxe polo mundo.

O martes porémonos na pel de conductoras e conductores de calquer medio de transporte. Recordade que poden ser terrestres, aéreos ou acuáticos.

O mércores coñeceremos moitas bandeiras do mundo e poderemos empregalas para vestirnos con elas, como complemento... 

O xoves poderemos vir de calquer personaxe que nos guste. Pode ser da vida real (Einstein, Rosalía de Castro...), ou do mundo da fantasía (Harry Potter, Mickey Mouse) Pode estar vivo ou non. 

O venres disfrazaremonos de animal para poñerlle ao Entroido un gran final.