Esta semana recibimos no colexio unha visita inesperada. O entrañable Apalpador veu á nosa biblioteca xusto cando estábamos contando o seu conto. Saudounos a todos e falounos do que facía polo Courel, cortar leña, apañar castañas e facer carbón.
Apalpounos as barrigas e como estaban ben cheiñas, deixounos un agasarro en vez dunha cunca de leite e unhas castañas.
Como nos gustou a visita deste persoaxe tradicional!!! Imos ser moi bos para que volva o ano que ben!!!
CLICA na imaxe e verás ao apalpador.