Os Maios é o nome dunha festa popular galega que exalta a natureza ao comezo da primavera. Celébrase entre finais de abril e principios de maio. A súa orixe está vinculada á manipulación da natureza por parte do ser humano.
Esta festa aparece en distintas culturas, asociándose á fecundidade da natureza, como a celta; a grega, en culto á deusa Afrodita; a latina, con diversos xogos en honor a Ceres e outros deuses; a sueva, co culto ao lume; e a cristián, que despaganiza determinadas festas antigas e as converte en relixiosas.
Este ano celebramos por primeira vez a Festa dos Maios no noso cole, guiados por Ana, a profesora de música.