Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2019

De novo estamos celebrando o día das Letras Galegas. Este ano adicado a ANTONIO FRAGUAS.

Antonio Fraguas Fraguas destacou como investigador nos campos da historia, da etnografía e do folclore, entre outros. O seu traballo está recollido en numerosas publicacións, fundamentalmente como colaboración en revistas ou obras colectivas. En todo caso, tamén publicou un considerable número de monografías, entre as que podemos sinalar, a título de exemplo, as seguintes:

  • Geografía de Galicia (1953)
  • Historia del Colegio de Fonseca (1956). Tese de doutoramento
  • Aportacións ó cancioneiro de Cotobade (1985)
  • Romarías e santuarios (1988)
  • Do Entroido (1994)
  • A festa popular en Galicia (1995)



page | by Dr. Radut