Skip to Content

3º primaria

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Aquí tedes os videos da celebración do pasado venres, 5 de xuño de 2020. Xa vedes que somos uns ecoloxistas convencidos. Moitas grazas a tod@s e non esquezades disfrutar da natureza.

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

Aquí tedes a interpretación do conto de Ricardo Carvalho Calero "As pitas baixo a choiva"

MAGOSTO 2019

CHEGOU O MAGOSTO

Onte, día 22 de outubro de 2019, subimos ao Curro da Valga para celebrar o Magosto. Por primeira vez o noso curso (3º) subimos andando ata o curro. A subida foi moi cansada pero divertida.

Ao chegar arriba pasámolo moi ben facendo cabañas, xogando cos amigos e comendo castañas. Antes de marchar tiznámonos coa borralla da fogueira e Pablo dice que eran as sete da tarde e ainda tiña a cara sucia e carbón nos bolsillos. Gael dice que colleu moitas landras e que foi unha pena que Carla non subira.

Si queres ver máis fotos clica na imaxe.

Ata logo amigos!

CARLA, PABLO e GAEL de 3º de primaria.

CALDO GALEGO

O pasado xoves, 17 de outubro, o alumnado de 3º de priamria foi á horta para recoller as berzas que alí había. Leváronas á cociña e alí Rosa, Carmen e Gloria fixeron un deliciosa caldo galego que despois comemos no comedor.

Clica AQUÍ si queres ver máis fotos.

POR UN COLEXIO LIMPO

Como nos gusta que esté limpo o noso cole!!!

Por eso un grupo de voluntarias/os puxéronse máns á obra e deixaron a fachada do colexio como unha patena.

Procuremos manter limpo o cole entre todos, é a nosa responsabilidade-

Moitas grazas.

MAGOSTO 2018

Outro ano máis celebramos o magosto. Subimos ao Curro da Valga uns andando e outros en bus. Ao chegar ao curro xogamos ao escondite, fixemos cabañas e comemos as castañas tod@s xunt@s.

Non podía faltar o de emporcallarnos coa borralla de asar as castañas, que día máis divertido!!!

CLICA na imaxe e verás as fotos.

TRABALLAMOS AS MATEMÁTICAS DE XEITO DIFERENTE

Este pasado martes día 21 o alumnado de 3º e 4º tivemos unha clase moi especial. Sen mesas, cadeiras e teitos sobre as nosas cabezas aprendimos matemáticas dun xeito diferente na praia do Mosteiro de Oia. Con este paraíso aos nosos pés como para non aproveitalo!

Traballamos tamén a comprensión lectora porque tiñamos que ler moi ben as instrucións das tarefas, algo que nos custa aínda moito. Sorte que como traballabamos en grupo, entre todos fomos resolvendo.

Non nos deu tempo a rematar o traballo porque era moito! Así que teremos que volver cando o tempo nolo permita. Nós temos moitas ganas!

Podes escoitar a crónica do día en Radio Arrabal! Esocoita! (minuto 22.20)

                                                                                                                                                                                               

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

BLOG DA CLASE DE MARISA

CLICA NA IMAXE PARA ACCEDER AO BLOG

SAMAÍN 2017

O SAMAÍN chegou e a sangue nos conxelou.

Polo cole apareceron, catrinas, bruxas, demos, monstruos, vampiros e vampiras, momias e todo tipo de seres terroríficos...a festa estaba servida.

Comezouse a escoitar unha marcha fúnebre e o alumnado de 4º coa súa comparsa foi invitando aos distintos cursos a visitar o "pequeno museo do terror". Alí os nenos e nenas de 5º e 6º deixáronnos tremendo de medo coa súa exposición terrorífica.

Co medo no corpo chegou a hora de comer...sesos?, sangue?, tripas humanas?, noooo!!! Foi unha merenda riquísima preparada polos pais e nais e que devoramos como lobos e lobas.

Despois chegou a hora de facer as fotos e bailar ao ritmo da música siniestra. Que día máis divertido!

Aquí tedes unhas cuantas fotos para disfrutar e recordar.

Aquí quedan os videos da festa e do "Museo dos pequenos horrores". 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut