Skip to Content

SAMAÍN 2017

O SAMAÍN chegou e a sangue nos conxelou.

Polo cole apareceron, catrinas, bruxas, demos, monstruos, vampiros e vampiras, momias e todo tipo de seres terroríficos...a festa estaba servida.

Comezouse a escoitar unha marcha fúnebre e o alumnado de 4º coa súa comparsa foi invitando aos distintos cursos a visitar o "pequeno museo do terror". Alí os nenos e nenas de 5º e 6º deixáronnos tremendo de medo coa súa exposición terrorífica.

Co medo no corpo chegou a hora de comer...sesos?, sangue?, tripas humanas?, noooo!!! Foi unha merenda riquísima preparada polos pais e nais e que devoramos como lobos e lobas.

Despois chegou a hora de facer as fotos e bailar ao ritmo da música siniestra. Que día máis divertido!

Aquí tedes unhas cuantas fotos para disfrutar e recordar.

Aquí quedan os videos da festa e do "Museo dos pequenos horrores". 

 



page | by Dr. Radut