Skip to Content

CARREIRA SOLIDARIA UNOENTRECIENMIL

Vimos anunciar a carreira solidaria do próximo venres día 24 de maio para recadar fondos a favor da investigación da leucemia infantil. As familias que queiran colaborar poderán facelo a través de doazóns nos sobres que se enviarán a casa. A recadación será recollida e depositada pola ANPA. Contamos co voso apoio!

 

SEMANA DO LIBRO 2024

 

Álbum: CURSO 2023-24 -> SEMANA DO LIBRO 2024

VISITA AO MOSTEIRO DE OIA

O pasado luns, 15 de abril, o alumnado do colexio saíu a explorar a contorna. Nesa exploración parámonos no MOSTEIRO DE OIA. É o patrimonio máis representativo do noso pobo e non podíamos deixar de visitalo. 

Acompañadxs por guías fomos descubrindo os seus segredos, beleza e historia. Este mosteiro, onde nace Oia, trátase do único mosteiro cisterciense situado ao carón do Atlántico. E dende 1931 goza da maior protección legal en materia de patrimonio histórico.

Sin dúbida será unha visita que repetiremos tódolos anos para por en valor o noso pobo. Aquí tedes algunhas fotos e un enlace onde atopar información desta fantástica visita. 

Clica na imaxe para saber máis sobre o mosteiro

 

Álbum: CURSO 2023-24 -> VISITA AO MOSTEIRO

PROGRAMA DE PRIMAVERA

 Neste programa o alumnado de quinto traballou en grupo e cada un deses grupos elaborou o seu propio podcast. Aínda que van todos xuntos, falan de temas diferentes e foron gravados con diferentes técnicas.

Atoparedes entrevistas, actividades do colexio, lecturas recomendadas. celebracións do mes de marzo e por suposto, o concurso!!!
Agora toca disfrutar da fin de semana escoitando a RADIO ARRABAL!!!

 

 

EXPLORANDO A AGRICULTURA EN OIA

Xa temos a horta do cedo en marcha. Despois de preguntar aos máis experimentados do lugar (pais, nais, avos e avoas, veciñxs e demáis) tomamos nota dos seus consellos e puxémonos a traballar. Ainda que a meteoroloxía non é moi boa as plantiñas van crecendo, temos que seguir estudando para que ao final teñamos unha boa produción de verduras e hortalizas.

IMOS ALÓ!!!

Álbum: CURSO 2023-24 -> HORTA DO CEDO 2024

IV TORNEO DE XADREZ

 

    

Álbum: CURSO 2023-24 -> IV TORNEO XADREZ

CONTACONTOS - SABELA GAGO

Álbum: CURSO 2023-24 -> CONTACONTOS SABELA GAGO

TOLEMIAS IMAXINABLES EN DIRECTO

Álbum: CURSO 2023-24 -> TOLEMIAS IMAXINABLES

TOLEMIAS IMAXINABLES 6_ESPECIAL FIN DE TRIMESTRE

 Novo programa en directo do alumnado de 4º, programa especial de fin de trimestre. Falamos das últimas novas do cole, efemérides do mes de marzo e moito máis. Por suposto entregamos os premios do concurso da radio e quedamos encantados, animádevos a participar para a próxima edición.

Agora a disfrutar do programa e das vacacións, o traballo está feito. Adeuuuuus!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut