Skip to Content

5º primaria

CAMPO A TRAVÉS

Este ano a meteoroloxía deixounos celebrar a carreira de CAMPO A TRAVÉS na data prevista, sin aplazamentos. Foi unha xornada estupenda de convivencia cos coles da bisbarra, nun entorno excepciónal como é a Foz do Miñor, en Sabarís e condicións óptimas para correr a tope.

Un exitazo!!!

No album tedes algunhas fotos para a lembranza. En canto teñamos os resultados difundirémolos tamén. Felicitacións a todxs e non deixedes de facer deporte.

Álbum: CURSO 24-25 -> CROSS ladeira

PROGRAMA FINAL OIADORES DE QUINTO

 Neste último programa o alumnado de quinto de primaria fálanos dos temas que máis lle interesan. Estes son os catro podcast do programa que tedes diante:

DEPORTES, FESTAS EN OIA, BAILE E NOTICIARIO.

Disfrutade do programa e felices vacacións!!!

 

COMPETICIÓNS DE 5º E 6º - TERCER TRIMESTRE

O alumnado do terceiro ciclo, neste tercer trimestre, está a organizar unhas competicións deportivas autoxestionadas e colaborativas. Trátase de pornos en forma xogando a algúns dos deportes que despois terán que practicar na ESO: BALONPÉ, BASKET 3X3, BRILÉ e BÁDMINTON.

Coa práctica deportiva aprenderemos a gañar e perder, favorecer aos que máis o necesitan e organizar unha actividade lúdica. Está sendo todo un éxito e aínda nos quedan moitos partidos para disfrutar e aprender xogando. Contamos contigo, veña, a xogar!!!!

Álbum: CURSO 2023-24 -> COMPETICIÓNS 5º e 6º

ATLETISMO E VOLEI no ifevi con 4º e 5º

Chegou o momento dos encontros escolares de XOGADE. Despois de prepararnos duramente para ser unhas boas xogadoras de volei e uns atletas estupendos, fomos ao IFEVI para xuntarnos cos outros coles que participan no programa. Compartimos  experiencias, carreiras, partidos e merendilla. Aprendemos a que o importante non é gañar senón participar e divertirnos. Agora xa temos moitas amigas e amigos dos outros coles da bisbarra. Adiante co deporte!!!

Álbum: CURSO 2023-24 -> IFEVI 4º_5º

REFRANEIRO POPULAR RELIXIÓN 5º

Neste programa as alumnas e alumnos da clase de quinto nos falan dos refráns cristiáns axudados da profe Alicia.

Nos contan pequenas frases cheas de sabiduría que transmiten principios e ensinanzas, así como consellos para guiar as nosas vidas. Estas expresións populares foron transmitidas de xeración en xeración e abarcan diversos aspectos da vida cotiá dende unha perspectiva cristiá- A sua sabiduría atemporal invítanos a reflexionar e a vivir de acordo cuns valores.

Esperamos que vos gusten, adeuuuuus!!!!

 

VISITA AO MOSTEIRO DE OIA

O pasado luns, 15 de abril, o alumnado do colexio saíu a explorar a contorna. Nesa exploración parámonos no MOSTEIRO DE OIA. É o patrimonio máis representativo do noso pobo e non podíamos deixar de visitalo. 

Acompañadxs por guías fomos descubrindo os seus segredos, beleza e historia. Este mosteiro, onde nace Oia, trátase do único mosteiro cisterciense situado ao carón do Atlántico. E dende 1931 goza da maior protección legal en materia de patrimonio histórico.

Sin dúbida será unha visita que repetiremos tódolos anos para por en valor o noso pobo. Aquí tedes algunhas fotos e un enlace onde atopar información desta fantástica visita. 

Clica na imaxe para saber máis sobre o mosteiro