Skip to Content

5º primaria

CROS ESCOLAR XOGADE

Despois dunha chea de aplazamentos o pasado xoves, por fin, fomos a participar no CROS ESCOLAR de XOGADE en BAIONA. Como era de esperar foi unha xornada estupenda, alí coñecemos moitas rapazas e rapaces doutros coles, nos esforzamos por facer unha carreira rápida e disfrutamos dun día soleado na Praia da Ladeira. Despois de tanta chuvia o tiñamos merecido. 

Participou o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria en carreiras separadas de chicos e chicas (esto si que nos pareceu raro) e a distancia foi de case un kilómetro para 4º e 5º e case dunha MILLA para os de 6º. Chegando á meta as pernas xa estaban agotadas pero o esforzo pagou a pena...felices de participar e emocionados de ver que algunha rapaza e algún rapaz recibiu diploma por quedar entre os 10 primeiros da súa categoría. Esperamos repetir para o ano que ven....a correeeer!!!

FOTOS DO CROS DE BAIONA

Álbum: CURSO 2023-24 -> CROS BAIONA + PROVINCIAL PONTES

PROGRAMA ESPECIAL NADAL

Ola de novo OIADORES:

Hoxe serán as nenas e nenos de sexto as que nos sorprendan co derradeiro programa do ano. Trátase dun programa moi navideño no que contan celebracións do nadal que se fan noutros paises do mundo. Esperamos aprender moito das costumes doutros paises. 

Bo Nadal a todxs e xa sabedes, portarvos moi ben que Papá Noel está cerca, biquiñoooooos!!!!

O NADAL NAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS

Aquí tedes unha nova entrega da radio arrabal. Esta vez é o alumnado de relixión de 6º que estivo investigando sobre o nadal nas diferentes comunidades autónomas da península ibérica. Resumiron todo nun fantático podcast que esperemos que vos guste. Adiante co programa!!!

 

SEGUNDO PROGRAMA DA RADIO ARRABAL

 Xa temos o programa de novembro, nel temos noticias, entrevistas e moito meeedo!!!

Cada vez resulta máis doado e divertido facer a RADIO ARRABAL, esperamos que o pasedes moi ben escoitando este bonito programa.
Adeuuuus!!!!

 

VOLEY BALL XOGADE

Neste trimestre o traballo de educación física centrase en XOGOS POPULARES e XOGOS PREDEPORTIVOS. A través do programa XOGADE recibimos a Santi, técnico de balonvolea, que nos ensinou técnica, táctica e cooperación a través deste bonito deporte.

ADIANTE CO DEPORTE!!!

PRIMEIRA "OIAda" DA RADIO ARRABAL TV

Xa comezamos coa RADIO ARRABAL TV. O formato do programa é o de podcast, cada grupo de clase busca un tema, elabora un guión e o grava incluindo algún efecto e música para acompañar. Esperemos que disfrutedes escoitando tanto coma nós gravando. Adiante coa radio!!!

 

 

XOGOS POPULARES DE PEQUENOS E GRANDES

Álbum: CURSO 2023-24 -> Xogos Populares

CAMPIONATO COOPERATIVO BADMINTON 5º

Un ano máis o alumnado de 5º de primaria remata o curso cun campionato cooperativo. Esta vez adicado ao BADMINTON e organizado entre tdxs para que fose un traballo cooperativo. Os reusltados foron o de menos e as medaias temos que compartilas.

 

Radio Arrabal con Arbricias e Helen & Shanna

Chegou o último programa deste curso 2022-2023. 

Radio Arrabal despídese ao grande cun programa en directo que conta coa presenza de tres invitados moi especiais: Arancha Brandón, Arbricias de nome artístico, directora de cine nacida na Guarda acompañada pola música de Helen & Shanna, interpretada por dous dos seus integrantes (Óscar e Alberto).

Radiooíntes, boas vacacións e bo verán! 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut