Skip to Content

radio arrabal

PROGRAMA FINAL OIADORES DE QUINTO

 Neste último programa o alumnado de quinto de primaria fálanos dos temas que máis lle interesan. Estes son os catro podcast do programa que tedes diante:

DEPORTES, FESTAS EN OIA, BAILE E NOTICIARIO.

Disfrutade do programa e felices vacacións!!!

 

REFRANEIRO POPULAR RELIXIÓN 5º

Neste programa as alumnas e alumnos da clase de quinto nos falan dos refráns cristiáns axudados da profe Alicia.

Nos contan pequenas frases cheas de sabiduría que transmiten principios e ensinanzas, así como consellos para guiar as nosas vidas. Estas expresións populares foron transmitidas de xeración en xeración e abarcan diversos aspectos da vida cotiá dende unha perspectiva cristiá- A sua sabiduría atemporal invítanos a reflexionar e a vivir de acordo cuns valores.

Esperamos que vos gusten, adeuuuuus!!!!

 

PROGRAMA PISCINA

 Neste novo programa o alumnado de sexto fala sobre a actividade de piscina que fixeron no segundo trimestre como pàrte da área de Educación Física.

 

Estade moi atentxs porque ao final hai unha nova pregunta do concurso que só se poderá responder si escoitades o programa. Recordade que o prazo de entrega remata o xoves a terceira hora e as respostas deben eentregarse no buzón da radio.

Agora a disfrutar do programa e da fin de semana!!!

ENTREVISTA A IRIA MISA

                                          Ziggy Stardust — David Bowie :: Behance

 

A canción de "Ziggy Stardust" é unha das máis emblemáticas do artista británico David Bowie, pertence ao álbum conceptual "The Rise and Fall of Ziggy Stardust an the Spiders from Mars" lanzado en 1972. A canción narra a historia dun rockstar andróxino e bisexual doutro mundo, ofrece aos terrícolas unha mensaxe de esperanza e liberación a través da música.

Baseada neste libro a nosa querida Iria Misa escribiu unha novela na que Aine de maior quería ser igual que Ziggy Stardust. Quería ser un músico marciano e facer todo o que lle dese a gana. Coa axuda de Thomas, o seu inseparable amigo imaxinario, ía logralo.

Aquí tedes a entrevista á autora do libro explicándonos un pouquiño máis sobre o proceso da escritura e as motivacións que lle levaron a escribila.

Esperamos que vos guste e non esquezades seguir lendo.

PROGRAMA DE PRIMAVERA

 Neste programa o alumnado de quinto traballou en grupo e cada un deses grupos elaborou o seu propio podcast. Aínda que van todos xuntos, falan de temas diferentes e foron gravados con diferentes técnicas.

Atoparedes entrevistas, actividades do colexio, lecturas recomendadas. celebracións do mes de marzo e por suposto, o concurso!!!
Agora toca disfrutar da fin de semana escoitando a RADIO ARRABAL!!!

 

 

TOLEMIAS IMAXINABLES EN DIRECTO

Álbum: CURSO 2023-24 -> TOLEMIAS IMAXINABLES

TOLEMIAS IMAXINABLES 6_ESPECIAL FIN DE TRIMESTRE

 Novo programa en directo do alumnado de 4º, programa especial de fin de trimestre. Falamos das últimas novas do cole, efemérides do mes de marzo e moito máis. Por suposto entregamos os premios do concurso da radio e quedamos encantados, animádevos a participar para a próxima edición.

Agora a disfrutar do programa e das vacacións, o traballo está feito. Adeuuuuus!!!!

DIA DA MULLER TRABALLADORA 8M

Programa especial para celebrar o día da muller traballadora. O alumnado de 4º de primaria preparou un programa cargadiño de noticias, actualidade, entrevistas e información...
Escoitade atentamente que tamén hai pregunta para o concurso.

Adiante coa RADIO ARRABAL!!!!

 

Portada » Galegas8m

PROGRAMA ESPECIAL DE ENTROIDO 2024

 Bos días oiadores e oiadoras:

O entroido rematou pero seguimos coa resaca da festa e dos disfraces. Si queres saber o que fixemos no cole para celebralo, atende moi ben á primeira parte do programa. Si o que te interesa é o entroido na nosa bisbarra ou en Galicia contra o final do programa tedes toda a información. Por suposto teredes que estar moi atento ao CONCURSO da RADIO ARRABAL.
Por último nunha segunda entrega do programa falaremos do entroido polo mundo adiante. Diasfrutade e a empezar a preparar os disfraces para o ano que ven.

 

TOLEMIAS INIMAXINABLES 4

Xa está aquí o cuarto programa de "Tolemias Inimaxinables" o programa máis tolo da Radio Arrabal. Nesta ocasión falamos do Día Mundial da Radio, de planetas e do fin do entroido. Tamén nos desprazamos a un lugar único, ás "Pozas de Mougás" onde coñecemos a unha personaxe moi especial.

Por certo, non vos olvidedes de participar no concurso da Radio Arrabal, desta vez "pregunta dobre":

1.- Que río descende polas pozas de Mougás?

2.- Entre que anos viviu o loro Ravachol do entroido de Pontevedra?

Xa sabedes, collede un papeliño e escribide as respostas ás dúas preguntas, o voso nome e curso e para dentro do buzón da radio.

Moita sorte a to@s! 

Distribuir contido


by Dr. Radut