Skip to Content

radio arrabal

CHRISTMAS TRADITIONS

Este curso no que andamos a explorar e coincidindo coas datas do Nadal, o alumnado de inglés do terceiro ciclo botou unha OIADA as tradicións que teñen noutros paises para celebrar o Nadal. Elexiron paises de fala inglesa pero tranquilxs que o programa vai con tradución simultanea ao galego. Disfrutadeo eee merry christmas!!!!

 

Santa rides a sleigh with reindeers and a trex dinosaur. Merry Christmas,  xmas and happy new year funny concept. Cartoon vector illustration. Santa  Claus is coming to town. 14321058 Vector Art at

TOLEMIAS NAVIDEÑAS

Aquí tedes o último programa do alumnado de cuarto de primaria. Quentiño, recen saído do estudo de radio. Hai nel unha marabillosa entrevista, sabedes quén é a personaxe invitada? Pois facer clic e escoitade.

Apertas e bo nadal a todxs!!!!

 

 

PROGRAMA ESPECIAL NADAL

Ola de novo OIADORES:

Hoxe serán as nenas e nenos de sexto as que nos sorprendan co derradeiro programa do ano. Trátase dun programa moi navideño no que contan celebracións do nadal que se fan noutros paises do mundo. Esperamos aprender moito das costumes doutros paises. 

Bo Nadal a todxs e xa sabedes, portarvos moi ben que Papá Noel está cerca, biquiñoooooos!!!!

O NADAL NAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS

Aquí tedes unha nova entrega da radio arrabal. Esta vez é o alumnado de relixión de 6º que estivo investigando sobre o nadal nas diferentes comunidades autónomas da península ibérica. Resumiron todo nun fantático podcast que esperemos que vos guste. Adiante co programa!!!

 

SEGUNDO PROGRAMA DA RADIO ARRABAL

 Xa temos o programa de novembro, nel temos noticias, entrevistas e moito meeedo!!!

Cada vez resulta máis doado e divertido facer a RADIO ARRABAL, esperamos que o pasedes moi ben escoitando este bonito programa.
Adeuuuus!!!!

 

PRIMEIRO PROGRAMA D@S "OIADOR@S" DE 6º

 Escoitade o primeiro programa da clase de sexto de primaria e atoparedes uns podcast sorprendentes. Falamos do inicio do curso, do xadrez, animais exóticos, o samaín e un video xogo. Disfrutade da fin de semana escoitando o noso programa.

PRIMEIRA "OIAda" DA RADIO ARRABAL TV

Xa comezamos coa RADIO ARRABAL TV. O formato do programa é o de podcast, cada grupo de clase busca un tema, elabora un guión e o grava incluindo algún efecto e música para acompañar. Esperemos que disfrutedes escoitando tanto coma nós gravando. Adiante coa radio!!!

 

 

PROGRAMA # 13

Aquí tedes este decimo terceiro programa, o último deste curso. Ven cargadiño de interesantes contidos científicos, deportivos, educativos e unha maravillosa entrevista ao noso profe Elías. Disfrutade do programa e nos vemos polas ondas!!!

 

V CONCURSO PODCAST RADIO NA BIBLIO (2ª parte)

Ola nenos e nenas, hoxe temos un novo programa da RADIO ARRABAL e con este xa van 12, unha ducia.

Seguimos homenaxeando a FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO polo día das Letras Galegas, esta vez escoitaremos os podcast que non foron seleccionados para o CONCURSO DA RADIO NA BIBLIO. Pois imos aló, adiante coa radio!!!

OBRADOIRO DE DOBRAXE, SOLOVOZ

A semana pasada volveu a visitarnos Damián, profesional da dobraxe que organizou para o alumnado  de 3º, 4º e 5º un taller maravilloso.

Aprendemos a modular a voz, facer sinxelos guións e a axustar os diálogos coas imaxes de películas. Agora toc por en práctica eses truquiños para que a nosa radio arrabal vaia a máis. A TOPEEE!!!

Que precisamos para facer un podcast ou sección de radio? 

  • Algo que contar……
  • Mellor sempre por escrito
  • Usar Guión
  • Escribir para que nos escoiten…
  • Que me fai falla?
  • Compartir o meu podcast..

Solovoz
Damián Alonso

Si clicas no arquivo adxunto poderás ver o resultado do obradoiro. 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut