Skip to Content

1º primaria

AGASALLOS DE TINTA

Que mellor agasallo que unha carta dun bo amigo ou amiga? Neste vídeo estamos descubrindo quen é a persoa que nos escribe.

Moi emocionante e emotivo!!

 

ROSALÍA DE CASTRO

A nosa homenaxe a Rosalía de Castro, poetisa e novelista española que escirbiu en galego e castelán. Foi considerada entre unha das grandes poetas da literatura española do século XIX.

 

PASIÑO A PASIÑO, FACEMOS O CAMIÑO.

Magos e magas de primeiro, transformámonos en peregrinos para descubrir a maxia do camiño. Acompañádenos!!! Sorriso

Entroido en 1º - Os nosos antifaces

Todos e todas diferentes, porque así somos. Diferentes, únicos e diversos. 

Mediante antifaces, puxémonos de acordo e conversamos para elixir cada un e cada unha a súa. As nosas personalidades, pensamento crítico, gustos e intereses persoais, mostranse nas nosas eleccións, e nos razoamentos para decidir entre tantas opcións.

Deste modo, mediante estas fotos, coñecerédesnos un pouquiño máis. Sorprendidos???Sorprendido

Lois - Booktuber "O monstro de cores"

Lois de primeiro de primaria fai unha fantástica presentación do conto "O monstro de cores".

Xogos Didácticos

Que sorte cando fai un pouquiño de sol e podemos saír a fóra e aprender xogando xuntos, axudándonos, pensando en grupo, e descubrindo o mundo doutros modos. 

Taller de sombras

Unha fermosa mañá os raios do sol entraron na nosa aula coma sempre, pero dunha forma moi diferente.

Esta vez a luz dirixiuse a unha camiseta con abelorios e miles de reflexos luminosos recorreron o chan, o teito, as paredes e mesmo as nosas caras e corpos. 

Rapidamente abrimos as fiestras de par en par e deixamos que toda a luz ateigara a nosa clase.

Desfrutamos experimentando e analizando como cos movementos os reflexos cambiaban de posición, de tamaño e incluso parecían máis claros ou máis escuros. 

Emocionados e emocionadas polo que estaba ocorrendo, comezamos a ter gran curiosidade, a facernos preguntas e a querer saber cómo acontecía todo iso.

Esas preguntas precisaban unhas respostas, foi así como naceu un proxecto sobre a LUZ, no que seguiremos traballando. 

A continuación, mostramos un TALLER DE SOMBRAS, no que a nosa imaxinación e a creatividade voaron alto, moi moi alto.

Para facelo, empregamos a nosa man colocandoa de diferentes formas, obxectos e diferentes materiais a nosa disposición.

Debuxamos e coloreamos as sombras que se formaban e finalmente, todas e todos xuntos, cavilamos para decidir a qué se nos parecía cada unha das nosas creacións. 

Queredes ver o resultado? Risa

Móvete pola paz

As nenas e nenos de primeiro movémenos pola paz. E ti que podes facer para vivir en paz?

Únete a nós e a moooooooooooveeeeeeerseeeeeeeee por un MUNDO MELLOR!!!!!!!!!Guiño

Está nas nosas mans, un paso pequeniño, pode cambialo todo. 

 

"Pasos pequenos, pasos grandes,

todo é camiñar"

Distribuir contido


by Dr. Radut