Skip to Content

Taller de sombras

Unha fermosa mañá os raios do sol entraron na nosa aula coma sempre, pero dunha forma moi diferente.

Esta vez a luz dirixiuse a unha camiseta con abelorios e miles de reflexos luminosos recorreron o chan, o teito, as paredes e mesmo as nosas caras e corpos. 

Rapidamente abrimos as fiestras de par en par e deixamos que toda a luz ateigara a nosa clase.

Desfrutamos experimentando e analizando como cos movementos os reflexos cambiaban de posición, de tamaño e incluso parecían máis claros ou máis escuros. 

Emocionados e emocionadas polo que estaba ocorrendo, comezamos a ter gran curiosidade, a facernos preguntas e a querer saber cómo acontecía todo iso.

Esas preguntas precisaban unhas respostas, foi así como naceu un proxecto sobre a LUZ, no que seguiremos traballando. 

A continuación, mostramos un TALLER DE SOMBRAS, no que a nosa imaxinación e a creatividade voaron alto, moi moi alto.

Para facelo, empregamos a nosa man colocandoa de diferentes formas, obxectos e diferentes materiais a nosa disposición.

Debuxamos e coloreamos as sombras que se formaban e finalmente, todas e todos xuntos, cavilamos para decidir a qué se nos parecía cada unha das nosas creacións. 

Queredes ver o resultado? Risa



page | by Dr. Radut