Skip to Content

Ed. Física

BOXEO

Hoxe na clase de Educación Física de 5º tivemos unha visita inesperada. Visitounos Ignacio o perruqueiro do Rosal, un bo amigo que nos fixo un adestramento de boxeo. Aprendimos diferentes técnicas e melloramos un pouco máis a nosa forma física. Deixamos pendente outra visita de Ignacio na que fagamos un pouco de boulder que sabemos que a él tamén lle gustan os deportes de aventura.

BOULDER EN OIA

Xa temos instalado o novo rocódromo no ximnasio do colexio. É unha instalación estupenda para pornos en forma cunha actividade divertida e social.

Os beneficios da escalada para a saúde son múltiples. É un deporte anaeróbico moi completo que fortalece e tonifica os músculos de casi todo o corpo. Para traballar no boulder requírese toda a atención e concentración do escalador/a. Por iso cremos que nos aportará moitos retos, coñecementos, sensacións e reforzos positivos.

Comezaremos pouco a pouco coñecendo as regras de seguridade e os distintos xogos e adestramentos, cun plantexamento que nos acercará aos deportes de montaña e aos montes da nosa contorna dun xeito seguro e respectando o medio ambiente, divertíndonos ao escalar e creando unha canteira de montañeiros/as no concello de Oia.

Nos documentos adxuntos podes ler as regras de seguridade e a proposta didáctica de Educación Física.

RETOS DO 1º TRIMESTRE

Xa temos casi conseguidos os retos deste primeiro trimestre, foi difícil pero mirade que figuras máis guapas fixemos.

Escaladas no camiño

Comeza este ano un novo proxecto na área de Educación fisica: "Escalada, unha filisofía educativa"

Ao longo do curso iremos traballando distintas modalidades do deporte na natureza coa finalidade de descubrir todas as posibilidades da nosa contorna.

No primeiro trimestre comezaremos coa ESCALADA e o CAMIÑO DE SANTIAGO. Aquí tedes algunhas fotos do alumnado do colexio.

ANDAINA DO MAGOSTO

Un ano máis con motivo da celebración do MAGOSTO, o alumnado de 4º, 5º, e 6º de primaria emprendeu a súa andaina ata o Curro da Valga. Saímos do colexio ás 10.30h e levounos un par de horas chegar (aprox 7km). Ao chegar tomamos o delicioso chocolate con galletas e rápidamente para abaixo.

Unha excursión preciosa e bastante dura físicamente. Enhoraboa a tod@s e non esquezades seguir facendo deporte.


PROTOCOLO PARA O CURSO 2020/21

Educación física: Aciertos y fallas en la escuela | Educacion fisica  juegos, Clases de educación física, Educacion fisica

Bos días e benvidos a este novo curso.

Dende a área de educación física estamos desexando comezar coas clases, os xogos e o deporte. Este ano será un tanto especial e deberemos poñer sempre o tapabocas aínda que vai ser moi incómodo.

Deixaremos no ximnasio uns tenis que gardaremos nunha bolsa co noso nome e curso para poder identificalos ben. Desta forma poderemos utiliar o ximnasio non só na hora de educación física senón tamén no recreo ou calquer outro momento que precisemos.

Como tóldolos anos si nalgún momento algún alumno non poidese traballar na clase de educación física, ten que achegar xustificante médico ou unha nota informativa dos pais ou titores legais onde explique cal é o motivo.

Tamén necesitamos recopilar toda información que poida resultar de interese sobre o estado de saúde do alumnado en relación coa actividade física como enfermedades crónicas, temporais, alerxias...A continuación adxuntamos a nota para informar sobre este asunto.

Polo de agora nada máis, moita sorte e forza para afrontar este novo curso.

18-03-2020

- XIMNASIO NA CASA -

Temos que seguir sendo activos. Unha das formas que temos é utilizar as plataformas que nos ofrecen os profesionais do deporte. Atopamos adestramentos e xogos para todas as idades.Podemos pornos en forma co ZUMBA, fortalecernos como XIMNASTAS, practicar IOGA ou incluso hai adestramentos para os que nos gusta correr a MILLA.

"Seguir unha rutina de exercicios é crucial tanto para desfogarse como para fortalecer o sistema inmunitario". Margarita Puig. 

Aquí tedes unhas recomendacións:

BAILE

Juan Paco Pedro de la Mar

Zumba kids, Minios

 XOGOS

CarreIras de canicas

Cantamos e movemos o corpo  

 XIMNASIA  Exercicios para facer en casa
Distribuir contido


by Dr. Radut