Skip to Content

BOULDER EN OIA

Xa temos instalado o novo rocódromo no ximnasio do colexio. É unha instalación estupenda para pornos en forma cunha actividade divertida e social.

Os beneficios da escalada para a saúde son múltiples. É un deporte anaeróbico moi completo que fortalece e tonifica os músculos de casi todo o corpo. Para traballar no boulder requírese toda a atención e concentración do escalador/a. Por iso cremos que nos aportará moitos retos, coñecementos, sensacións e reforzos positivos.

Comezaremos pouco a pouco coñecendo as regras de seguridade e os distintos xogos e adestramentos, cun plantexamento que nos acercará aos deportes de montaña e aos montes da nosa contorna dun xeito seguro e respectando o medio ambiente, divertíndonos ao escalar e creando unha canteira de montañeiros/as no concello de Oia.

Nos documentos adxuntos podes ler as regras de seguridade e a proposta didáctica de Educación Física.

AdxuntoTamaño
DIAPOSITIVAS boulder.odp1.95 MB
regras BÁSICAS.pdf347.75 KB
ESCALADA Unha filosofía educativa.pdf1.96 MB


page | by Dr. Radut