Skip to Content

Ed. Física

RETOS COOPERATIVOS 6º

A clase de sexto non para de traballar na área de Educación Física. Esta vez son xogos nos que todos e todas temos que cooperar para poder ter éxito. Estes son os resultados:

   

OLIMPIADAS DE QUINTO 2021

O alumnado de quinto de primaria está a desenvolver un proxecto de gran interés e complexidade. Como xa sabedes, este verán celebráronse as Olimpiadas de Tokio e dende a área de Educación Física propuxémonos traballar este evento. Buscamos tres deportes que nos interesaran e despois de practicar a súa técnica e pornos en forma agora chega o momento de organizar uns xogos olímpicos escolares. Os deportes elexidos foron boulder, baloncesto 3x3 e tiro con arco.

E xa temos medaias na modalidade de boulder:

  • OURO para Pablo
  • PRATA para Xián
  • BRONCE para Antón

Tamén remataron os partidos de basket 3x3, os equipos gañadores foron:

  • OURO para FARRUCOS
  • PRATA para OIENSES
  • BRONCE para OS DO XIMNASIO

Por último os gañadores da proba de tiro con arco por parellas:

  • OURO para Carla e Xián
  • PRATA para Fran e Noel
  • BRONCE para Iago e Lucas
 
 
   Pin en Products

A MILLA DE OIA 21/22

Este curso os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria participarán nunha actividade enmarcada no plan de Vida Activa e Saudable nas escolas. A actividade é a MILLA. Nela correrán o primeiro mes unha milla á semana, o segundo mes dúas millas á semana e o terceiro mes trerceiro mes tres millas á semana.

É moi divertido!!! Anímate e participa!!!

Participamos en "ESCUELA DE LA MILLA"

ESCOLA DE BALONMÁN

Ao comezar o curso tivemos unha visita moi especial. As xogadoras do Atletico Guardésimpartiron unha clase maxistral para aprender a xogar ao balonmán. Aprendemos as regras do deporte, como colocarnos no campo e pasar aos compañeiros para que sexa a pelota a que corra e non os xogadores. Foi moi emocionante e divertido!

XIMNASA ACROBÁTICA EN 6º

Actividades de ximnasia acrobática do alumnado de 6º de primaria.

Os nenos e nenas de 6º, a principio de curso viñeron moi activos do verán. O profe de educación física propúsolles facer ximnasia acrobática. Puxeron o tatami e fixeron parellas. Repartimos unhas tarxetas nas que aparecían unhas figuras que realizamos.

Pasámolo moi ben.

ANDAINA OUTONAL

Chega o outono, os cogomelos e as castañas. Como tódolos anos chega tamén o día da andaina polos montes de Oia. Este ano non fixemos a subida ao curro, este ano subimos en autobús e comezamos a camiñar dende o Curro da Valga. Foi umha xornada espectacular e chegamos ata cerca do Campo do Couto e a Poza dos Corvos. Fomos a un ritmo moi vivo e aínda nos deu tempo a facer unhas cabañas. Que divertido!!! Esperemos ter moitas máis andainas coma este!!!

COMEZO DO CURSO 2021/2022

Comeza un novo curso con novas actividades e moitas gañas de facer exercicio, xogos e deportes.

ESCALADA EN OIA

Como remate ao curso de Educación Física o alumnado de extraescolar de BOULDER, acompañado polas familias e os profes, subiu aos montes da Valga para iniciarse na escalada en rocha.

A actividade fixérona no sector de escalada de Oia chamado o MONASTERIO, unha parede ideal para a iniciación nos deportes da montaña e con unhas vistas impresionantes da costa oiense. Accedemos a estas paredes dende o Curro da Valga onde deixamos os coches, camiñando uns 15 minutos chegamos ao sector e comezamos a instalar as cordas e os seguros para facer as prácticas de escalada. As vías que escalamos están na parte central do muro e se chaman "Perros Voladores" e "A Gárgola"; asequibles pero algo técnicas e coa suficiente altura para as nosas intencións.

Foi unha xornada estupenda onde escalamos e compartimos momentos intensos alumnas e alumnos, pais e profes. Seguro que é a primeira de moitas máis xornadas de actividades na Natureza. Vémonos polas montañas, bo verán!!!

CAMIÑO DE SANTIAGO 2021

Despois de traballar o Camiño de Santiago durante todo o curso, seguindo os obxetivo do PDI do centro, rematamos cunha excursión para facer o tramo que vai dende A Guarda ata Oia.

Cada curso adaptou a lonxitude do percorrido as súas capacidades e así os de infantil fixeron os últimos quilómetros, 1º e 2º un percorrido algo máis longo, 3º e 4º xa fixeron 6 quilómetros (dende o mirador do tío Rincho) e 5º e 6º de primaria que fixeron o percorrido completo empezando dende a Paia de Area Grande.

EXCURSIÓN Á PRAIA DO MOSTERIRO 2º

O pasado xoves o alumnado de 2º de primaria foi de excursión á praia do mosteiro de Oia. Na baixada á praia fixemos unha parada para observar as diferenzas entre dúas casas, unha actual e outra máis antiga. Ao chegar á praia tivemos unha clase de ciencias sobre o relevo, a paisaxe e historia de Oia. Xa na area recollemos todo o lixo que puidemos para levar ao contedor, o resto gardámolo nunhas cárceres moi chulas que fixemos con SEIXOS e PELOUROS que alí atopamos.

Voltando para o cole xa pensábamos na seguinte excursión e o moito que nos gusta aprender de forma divertida.

Distribuir contido


by Dr. Radut