Vostede está aquíComedor escolar

Comedor escolar


Modificación menú Xoves 21 de decembro

Bo día!

 

Dado que este xoves día 21, sobre as 12:30h comeremos o noso delicioso roscón caseiro con chocolate, modificaremos o menú previsto para ese día no comedor. Dito menú constará de prato único e sobremesa, quedando da seguinte maneira:

- Costela barbacoa con patacas.

- Natillas caseiras.

 

Saúdos.

Modificación menú días 11, 13 e 14 de decembro

Bo día!

Por cuestións de transporte, os menús do luns, mércores e xoves desta semana sufrirán modificacións, quedando da seguinte maneira:

 

LUNS 11                                       

Xudías con patacas e ovo

Costeleta de pavo con cuscús

Uvas

 

MÉRCORES 13

Caldo galego

Pescada empanada con pataca cocida e vinagreta

Mandarina

 

XOVES 14

Crema potirón

Tortellini de ricota con salsa napolitana

Tarta da avoa

 

 

Saúdos.

Modificación menú 4/12/23

Bo día!

O menú programado para hoxe luns, sufrirá unha leve modificación por cuestións de loxística. De sobremesa, no lugar de caqui, servirase melón.

Saúdos.

Modificación menú 1/12/2023

Bo día!

O menú de mañá venres, modificarase levemente por cuestións de loxística. De sobremesa, no lugar de kiwi, servirase mandarina.

Saúdos.

Modificación menú días 14 e 16.

Boa tarde!

A próxima semana, modificaranse levemente os menús dos días 14 e 16 intercambiando as sobremesas entre sí. Así pois, o martes 14 serviranse as nosas deliciosas natillas caseiras e o xoves 16 o saboroso iogur de piña.

Saúdos.

 

 

Modificación menú 31 de outubro

Bo día!

 

Para evitar servir arroz dous dias seguidos, hoxe servirase fideuá de segundo, quedando o menú da seguinte maneira:

- Crema de cabaza.

- Fideuá negra con mexilóns e sepia.

- Brownie

 

Grazas!

modificación menú 25 de outubro

Bo día!

Debido a imprevistos de loxística, o menú previsto para hoxe sufríu modificacións, quedando finalmente composto polos seguintes pratos:

- Crema de verduras.

- Peixe espada en salsa portuguesa e pataca cocida.

- Mandarina.

 

Saúdos.

Modificación no menú os días 24 e 25 de outubro.

Bo día!

Os menús previstos para hoxe e mañá, sufrirán unha leve modificación. Hoxe de sobremesa servirase caqui no lugar de sandía. Mañá ,de segundo prato, no lugar de peixe espada servirase marraxo.

 

Saúdos.

modificación sobremesas días 16 e 18 de outubro.

Bo día!

 

As sobremesas previstas para hoxe e o mércores modificaranse. Finalmente hoxe servirase pera e o mércores mazá.

 

Saúdos!

 

Modificación menú días 27 e 31

Bo día!

Os menús previstos para os días 27 e 31 intercambiaranse entre si, polo que quedará da seguinte maneira:

 

VENRES 27                                                              

- Brécol con salsa de améndoas

- Fideuá con cocochas de rape.

- Xelatina de limón.

 

MARTES 31 Menú Samaín

- Crema de cabaza.

- Arroz negro con mexilóns e sepia.

- Brownie.

 

Saúdos!