Vostede está aquíDeportes
Deportes
Taekwondo en Coruña e Portugal
Patinaxe 2016
O 1 de maio, no pavillón polideportivo do CEIP Castelao, tivo lugar a "VI Exhibición de Patinaxe". Novamente máis de 300 patinadores, a maioría nenas, fixeron gozar ao público presente. Como todos os anos tiveron unha destacada participación as alumnas e alumnos do noso cole. Premede na imaxe para ver as fotos.
Campo a Través 2015
O xoves 11 de decembro os nosos rapaces de 5º e 6º foron á carballeira da Madalena en Castrofeito (O Pino) onde se celebraba a fase comarcal de Campo a Través.
O tempo acompañou este ano (foi un fermoso día de sol que facía máis bonita a paisaxe) e non houbo ningún percance. Todos o pasaron xenial a pesar do moito que suaron na carreira. Premede no debuxo e vede as fotos que o demostran.
Campo a Través en Castrofeito 2014
O venres 12 de decembro, pese ao día frío e chuvioso, os nosos alumnos de 5º e 6º xunto a outros da Silva (Cerceda) foron ata a carballeira da Madalena en Castrofeito (O Pino) onde se celebraba a fase comarcal de Campo a Través.
Os nosos rapaces competían na categoría infantil e, como sempre, tiveron unha destacada actuación: Abel (4º posto) e Alba (2ª) acadaron medalla pero todos se esforzaron ao máximo. Noraboa!!!
Atletismo en pista 2014
O día 22 de marzo pola mañá, en Santiago de Compostela, alumnos do noso colexio participaron na fase intercomarcal Santiago - Noia de atletismo en pista.
As categorías foron alevín masculino e feminino e infantil masculino e feminino. As probas foron: 80 metros lisos, 500 metros lisos, lanzamento de peso (2 kg), salto de lonxitude e salto de altura.
Campo a Través 2014
O 10 de xaneiro os nosos alumnos de 5º e 6º participaron na fase comarcal de Campo a Través Escolar (circuito do CPI Fonte Díaz na localidade de Touro). Os seus resultados foron excelentes: Alba de 6º e Abel de 5º acadaron medalla ao chegar entre os primeiros, mentres Alba de 5º foi a campiona da súa categoría. NORABOA!
O sábado 18 de xaneiro na competición de campo a través na alameda de Santiago, acudiron tres dos nosos alumnos: Alba (6º curso) acadou o 19º posto. Abel (5º) foi o 18º da súa categoría. Finalmente, Alba (5º curso) quedou sétima e clasificouse para a fase provincial.
O 15 de febreiro en Salgueiriños (Santiago) na fase provincial do Campionato, a nosa representante, Alba (5º curso), cun formidable desempeño acadou o 19º posto.
Aprendendo judo 2013
En setembro tivemos unha exhibición de judo no noso colexio. Tres membros do Compostela Judo Club, os seus profesores David Fernández, Brais García e Xaquín Baldomir ensinaron aos nosos alumnos algunhas técnicas básicas deste deporte. Pasámolo moi ben e aprendemos moito. Se queredes ver fotos, facede clic na rapaza. Se queredes velas con música, premede aquí.