Vostede está aquíLearning from the Extremes

Learning from the Extremes


Learning from the Extremes sticky icon

O proxecto Learning from the Extremes está cofinanciado polo Programa Pilot Projects and Preparatory Actions (PPPA) da Comisión Europea. PPPA é unha iniciativa conxunta do Parlamento Europeo (PE) e da Comisión Europea (CE). O iniciador desta acción dende o PE foi o eurodeputado Victor Negrescu.

 

O proxecto “Learning from the extremes” comezou en febreiro de 2022 e para os seguintes 24 meses ten como obxectivo ofrecer unha visión do que se pode lograr cun investimento adecuado en infraestruturas, ferramentas e contidos TIC, xunto cunha folla de ruta detallada de innovación da escola rural sobre como lograr esa visión. Un plan con obxectivos claros, prioridades claras e un proceso de xestión que garantirá unha retroalimentación e reflexión continuas.

 

Notas de prensa: 

- El colegio de Mesón do Vento, seleccionado en un proyecto digital europeo

 

- El colegio de Mesón do Vento, líder estatal en competencias digitales

 

- El colegio de Mesón do Vento mostrará los resultados de su proyecto europeo en Atenas el próximo día 20

 

- El colegio de Mesón do Vento fue elegido entre los tres españoles que luchan contra la brecha digital

 

- Europa se rinde a la inmersión tecnológica implementada por el colegio de Mesón do Vento

 

- El colegio rural de Ordes que formó en competencias digitales a todo su entorno

 

Congreso Internacional "Learning from the Extremes"

Como parte final do proxecto "Learning from the Extremes", presentamos o impacto que tivo no noso centro dentro das sesións de "Supporting innovation and systemic change in schools (Apoiando a innovación e o cambio sistémico nas escolas)"  no Congreso "Open Classroom Conference 2024"  realizado en Grecia. Tendes o programa completo nos ficheiros adxuntos.

Mostramos a nosa visión e avance no mesmo por videoconferencia. Tivemos varios problemas técnicos que fomos solventando a medida que ía trascorrendo a nosa presentación. 

Agardamos que na mesma se observara tanto o impacto do proxecto no centro coma o compromiso de toda a comunidade educativa.

Deixámosvos co vídeo do evento (fomos os primeiros en expoñer): 

Curso de impresora 3D para o profesorado

O mércores 29 de novembro realizouse unha xornada de formación sobre a impresora 3D mercada polo centro educativo cos fondos de "Learning from the Extremes". Primeiramente introduciounos ao mundo das impresións 3D, logo amosounos a propia impresora e finalmente estivemos na plataforma online para realizar os deseños chamada Tinkercad.

 

 

Curso de Robótica en familia

Dende o mércores 8 de novembro ata o vindeiro mércores 15 ás 12:00 do mediodía, comezará o prazo para apuntarse no curso gratuíto de 20 horas de “Robótica en familia”, no cal haberá 10 prazas dispoñibles para 1 nai/pai/titor legal por nen@ que queiran mellorar a súa competencia dixital.

Isto quere dicir que, por cada nen@ irá un só adulto. No caso de que vaian irmáns, contará coma unha soa praza, pero sempre deberán ir acompañad@s pola nai/pai/titor/a legal.

 O curso desenvolverase os luns de 16:15 a 18:15 (data de inicio o 20 de novembro ata o 11 de marzo).  

O criterio de selección será a prevalencia do alumnado de cursos altos, xa que consideramos que non van poder ter outra oportunidade deste estilo. Polo tanto, priorizaranse as familias de 6º de Educación Primaria e logo continuaremos por orde descendente (5ºEP, 4ºEP,...). No caso de haber un empate, librarase por sorteo pola letra do apelido do nen@ que solicita a praza, sendo a letra S a escollida de primeira. Seguiremos a listaxe oficial do alumnado dese curso por orde alfabético. A listaxe estará exposta no taboleiro de anuncios do centro.

Este curso correspóndese cunha serie de accións formativas organizadas polo centro para a mellora na competencia dixital de toda a comunidade educativa dentro do programa europeo “Learning from the extremes” no que somos un dos 3 centros educativos seleccionados de toda España, e polo cal, percibimos unha dotación económica para tal fin.

Esta folla de inscrición deberedes de enviala por correo electrónico ou entregala persoalmente no centro. A solicitude, os contidos e o calendario do curso estarán na páxina web.

A idea é que o mércores 15 saia a listaxe coas persoas admitidas.

Animámosvos a que participedes, xa que, é un curso gratuíto para que vos iniciedes na robótica dun xeito moi lúdico e familiar.

Comezo da actividade "Informática para familias"

Tal e como viñamos anunciando o ano pasado, neste curso escolar iniciaranse varios cursos para a mellora da competencia dixital de toda a comunidade educativa. Neste caso, 16 nais/pais levarán a cabo todos os martes de 16:15 a 18:15  dende o 17 de outubro ata o final do 1º trimestre accións formativas no manexo de internet e ofimática na nosa reformada aula de informática. Os fondos para subvencionar esta actividade veñen dunha das partidas de Learning From the Extremes que xa estaba destinada para tal fin.

Nos vindeiros días/semanas lanzaremos a seguinte proposta.

Deixámosvos cunha imaxe da presentación do primeiro día do curso.

 

Curso gratuíto sobre a iniciación á Informática no CEIP Mesón do Vento

Dende hoxe mércores 4 de outubro ata o vindeiro martes 10 de outubro ás 12:00 do mediodía, comezará o prazo para apuntarse no curso gratuíto de 20 horas sobre a iniciación á informática polo cal haberá sobre unhas 16 prazas dispoñibles para nais/pais/titores legais que queiran mellorar a súa competencia dixital.

Logo de falar coa empresa, concretamos os martes de 16:15 a 18:15 (data de inicio o 17 ou 24 de outubro ata finalizar o trimestre ou comezar o seguinte). 

O criterio de selección será por orde de inscrición ata esgotar as 16 prazas existentes.

Este curso correspóndese cunha serie de accións formativas organizadas polo centro para a mellora na competencia dixital de toda a comunidade educativa dentro do programa europeo “Learning from the extremes” no que fomos seleccionados como un dos 3 centros educativos de toda España, e polo cal, percibimos unha dotación económica para tal fin.

Tendes a folla de inscrición nos arquivos adxuntos, que deberedes enviar por correo ou entregala persoalmente no centro (levarédela na mochila hoxe)  no horario de atención ás familias, para que conste o día e hora da entrega. Tamén tendes os contidos a traballar (que serán adaptables ao grupo).

A idea é que ese mesmo martes 10 de outubro saia a listaxe coas persoas admitidas e se expoñerá no taboleiro de anuncios do centro.

Animámosvos a que participedes, xa que, é un curso gratuíto no que vos expedirán un certificado sobre as horas recibidas, que pode ser ben valorado no ámbito laboral.

6º Día - Formación Learning from the Extremes - Grecia

O venres 07/07 foi o derradeiro día do curso, onde puxemos en práctica o aprendido no mesmo presentando os nosos proxectos de desenvolvemento de Learning from the extremes en cada centro educativo seleccionado.

 

Para ver a presentación premede aquí.

 

O proxecto desenvolto estarán aloxadas nos anexos desta nova.

5º Día - Formación Learning from the Extremes - Grecia

O xoves 06/07 tivemos un primeiro obradoiro sobre varios recursos online que o profesorado pode crear coa axuda do ChatGTP. Posteriormente, tivemos unha visita virtual ao AOUDA Spacesuit Lab en Innsbruck (Austria) onde nos deron información básica sobre a vida dun astronauta entre outras cousas.

Pola tarde, estivemos realizando un obradoiro na web Distars, onde se tratabamos de desenvolver un videoxogo.

Posteriormente, tivemos que escoller entre 2 obradoiros, no meu caso fun a Construír sinerxias con proxectos comúns.

 

4º Día - Formación Learning from the Extremes - Grecia

O mércores 05/07, empezamos cun obradoiro sobre sismoloxía, as sons da Terra e como o podemos vincular con contidos curriculares de matemáticas, ciencias ou incluso Educación Musical.

No seguinte obradoiro, experimentamos a través dunha web un videoxogo educativo destinado a estudantes de Primaria que pretende conciencias sobre o emprego razoable da intelixencia artificial. Tamén nos familiarizamos co Chat GPT e algunha web de codificación.

 

3º Día - Formación Learning from the Extremes - Grecia

O martes 04/07, comezamos cun obradoiro sobre o benestar docente, tecnoestrés e xeitos de como lidiar co mesmo. Posteriormente mostráronnos ideas para realizar espazos Maker, no meu caso quedei no deseño con Tinkercad para a unha impresora 3D.

Pola tarde presentaron unha rede de recursos online moi interesante que está en desenvolvemento.