Vostede está aquíSaídas

Saídas


Visita ao Ventoso

  O mércores 20 de marzo os alumnos de Educación Infantil, visitamos a Granxa escola "O Ventoso" no concello de Laracha. Non tivemos sorte co tempo, que foi bastante malo, pero aínda así pasámolo moi ben.

Visita a Noia e Outes

  Aquí abaixo tedes unha presentación para que vexades o que fixemos os alumnos de Ed. Primaria o venres 22 de marzo. Esta presentación foi realizada polos alumos de 6º, que pasaron o mércores polas outras clases para que os seus compañeiros a visen e explicarlles as dúbidas que puidesen xurdir. Para ver fotos dese momento e da excursión premede aquí.

Presentación visita Noia e Outes de Cristina

Wish

  O martes 19 de decembro todo o cole (menos algún enfermiño) a bordo de tres autobuses fomos ao cine de Marineda City.

  A película que vimos foi "Wish (el poder de los deseos)", un musical Disney. A experiencia como sempre mereceu a pena e todos volvemos moi contentos e cansados ao cole para enfrontar un delicioso lacón.

  Se queredes ver algunha foto deste día, premede en Asha, a protagonista da película.

Roteiro polo Camiño Inglés

O martes 20 de xuño todo o alumnado de Primaria realizou un roteiro polo Camiño Inglés facendo parada no albergue privado de Hospital de Bruma, onde nos explicaron, grazas a Paula e familia, como o teñen estruturado e deunos agasallos para as nosas neveiras.

Queremos agradecer a labor realizada durante toda a xornada por parte da Policía Local de Ordes.

Premede na imaxe para ver as imaxes da xornada.

Visita de 6º de Primaria ao Maruxa Mallo e Centro Vitais

O mércores 7 de xuño o alumnado de 6º de Primaria achegouse a Ordes para realizar diversas actividades.

Foron á dar unha volta á feira e de paso, mercaron uns churros para degustar no Centro de día Vitais, xunto cos maiores cos que se levar carteando todo o ano, foi un encontro moi emocionante. Tamén nos obsequiaron con galletas feitas por eles mesmos e logo xa partimos cara o instituto Maruxa Malo onde @s exalumn@s Paula Varela e Martín Garaboa nos explicaron todas as características aula por aula do centro. Premede na imaxe de Maruxa Mallo para ver as instantáneas do día.

Proxecto Terra - Allariz

Como parte do Proxecto Terra, onde fomos seleccionados para Allariz, realizamos unha serie de actividades formativas co alumnado de 5º e 6º de Primaria. Premede na imaxe para ver as mellores instantáneas.

Saída ás Fragas do Eume

O 1 de xuño, o alumnado de 1º a 4º de Primaria foi ata as Fragas do Eume para realizar unha ruta de sendeirismo ao carón do río Eume e logo do xantar desfrutamos dun vídeo sobre a fauna e flora do lugar. Premede na vacaloura para ver as imaxes.

 

Autorización Allariz

Achegamos a autorización para a excursión pertencente ao proxecto Terra onde o noso centro foi seleccionado para ir a Allariz o día 1 e 2 de xuño.

Saída a Santiago "Vexo Vexo Xacobeo"

O venres 26 de maio, todo o centro se achegou a Santiago como parte do plan Proxecta: "Vexo, Vexo Xacobeo" para realizar un anaco do camiño, desfrutar un contacontos e unha chea de actividades máis, mellor que o vexades nas imaxes, premendo na foto de abaixo.

 

 

Rally da Auga

  O venres 24 de marzo, os alumnos de EP desde 3º ata 6º achegáronse a Ordes pola mañá para ver aos participantes do Rally da Auga. Ensináronlle os coches, déronlle unha amena charla á que prestaron moita atención... e algúns regalos!

  Para ver fotos, premede na imaxe.