Vostede está aquíRelixión

Relixión


Aula de relixión sticky icon

                Benvidos á sección de relixión!

  Aquí atoparedes un resumo das actividades que realizamos na nosa aula e que, por suposto, xa coñecedes.

Pero tamén ides atopar unha chea de actividades e recursos que irei buscando e colocarei aquí para que vos divirtades con elas.

                           PAZ E AMOR!!!

A MIÑA MOCHILA É DA PAZ

Como podemos ser da paz? Que nos fai falta? Imos ver o que levamos na nosa mochila! Que precisariamos levar para conseguir a paz no noso cole?

Aquí atopamos algúns materiais esenciais!!

       

Queres XOGAR cos materiais da mochila? Preme na imaxe:

AS PARÁBOLAS DE XESÚS

Xesús quería ensinarnos cousas tan importantes como que todos somos importantes, a perdoar, coidarnos uns aos outros... e padra iso, ás veces contaba unhas pequenas historias chamadas PARÁBOLAS. 

A CASA SOBRE A ROCA

Para poder vela preme AQUÍ ou na imaxe

PARÁBOLA DA OVELLA PERDIDA.

Para poder vela preme AQUÍ, ou na imaxe.

SEMANA ESCOLAR DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO


 

 

 

EN EL DÍA DEL LIBRO...¡UN GRAN LIBRO!


 

 

 

Un novo xogo de Draco!

Ola rapaces e rapazas!

Draco está desexando compartir un novo xogo con vós: "Retos para viaxeiros do Aloia".

Nel invítavos a entrar novamente no Aloia, e superar cada unha das probas que vos propoñen o sabio, a ra, as toupiñas... Seguro que vos encanta!

Para xogar premede na imaxe.

A continuación atoparedes todos os xogos das aventuras de Draco e os seus amigos no Reino do Aloia e así poder gozar e seguir aprendendo no Reino das Emocións.

En “Crea a túa historia con Quirón” poderás usar a imaxinación e atopar axuda para a solución dos conflitos.

Co "Xogo do Aloia"  viaxaredes como Draco, ao Aloia, onde poderedes ir avanzando a medida que contestades preguntas ou facedes probas.

En "Viaxe ao Reino das emocións" poderedes crear as vosas propias historias.

 

Un novo curso con Draco!

Draco quere darvos a benvida a este novo curso. Preme na imaxe para ler a carta.

 

Actividades para a casa

Ola a tod@s! Aquí tendes as  novas suxestións.

Agardamos e desexamos que tod@s esteades ben!

Para contactar comigo, a través do  seguinte email:  relimeson@gmail.com.

Coidádevos moito, moitísimo.  Botámosvos de menos, pero axiña nos vemos!

Unha forte aperta!!! 

 

PARA TODOS!!!

Ola familias!!

Estas son as últimas actividades de Reli por esta tempada.

Así que, aproveito a ocasión para enviar unha mensaxe para as persoas que estivestes traballando cos nen@s.

Quero darvos as grazas, familias e amigos porque ao axudarlle a eles tamén o estabades facendo comigo. Sen vós, todas estas actividades probablemente, non terían sentido.

Grazas de corazón!!

Unha gran aperta a tod@s!!  Vémonos axiña!!

 

Adxunto uns modelos de portada para os  traballos deste Curso. Decorádeas ao voso gusto.O  cadrado do centro e para que escribades o voso nome grande e bonito. Son unha idea, polo que se tedes outra proposta mellor... fantástico!!!

    Portadas        Mensaxe

 

PARA EDUCACIÓN INFANTIL, 1º E 2º

Teño un nova moi importante!!!!  Draco e os seus amigos fixeron un xogo online para que podades xogar xuntos, trátase do  “Xogo do Aloia” . Eu xa estiven xogando; é moi chulo.

Premede  aquí e poderedes atopar o xogo na web do Mundo de Milú .

Tamén podedes visitalo nesta ligazón

E agora un precioso conto:

UN BESO ANTES DE DESAYUNAR                

Autor: RAQUEL DÍAZ REGUERA.               

Editorial: LOGUEZ EDICIONES.

 

Mándovos un bico virtual a tod@s que chegará...voando,voando, voando!!!

O máis importante!! Non esquezades o que aprendemos estes días: a importancia de coidar o Planeta, de traballarmos xuntos, dármonos apertas e dicírmonos que nos queremos, dar as grazas cando nos axudan e pedir perdón cando nos equivocamos,  celebrar cada día como algo especial..... 

PARA 3º, 4º E 5º CURSO

Para fin de curso...un regalo con mensaxe.

Premede aquí  e aquí para velo.

Non vos rendades!

Perseguide as vosas metas!

Vivide o presente! 

Disfrutade do que vos rodea e coas persoas que están ao voso redor. Agradecede o cariño dos seres queridos e tamén.... querédevos un montón!

Porque realmente sodes fantásticos!!  

 

PARA 6º CURSO

Premendo aquí e aquí atoparedes unhas actividades moi moi importantes!! Estas sí que son obrigatorias. Levádeas sempre na vosa mochila.

A actividade como vedes é sinxela simplemente consiste en non esquecer nunca que  sodes persoas superespeciais!! 

Non hai que escribir, debuxar, nin redactar so desfrutar do vídeo e ler a mensaxe de despedida. Listo!!

Coidádevos moito! Foi un pracer estar con vós todos estes anos.

E  aínda nos quedan moitos máis. Vémonos !!! 

        Moita sorte nesta nova aventura.  

                                                           

 

PARA EDUCACIÓN INFANTIL, 1º E 2º

 Taller de expertos en apertas

A través dunha  aperta podemos transmitir a nosa alegría ou tristeza, podemos dicirlle a unha persoa que pode contar connosco ou que comprendemos como se sente.

Ademais, unha aperta serve para cargarnos de enerxía!!

Pero as apertas que realmente nos gustan son as das persoas que queremos.

A que si?

 Premede aquí e poderedes descargar todo o material necesario para ser un experto en apertas!!

PARA 3º E 4º

              SUPERPODERES

Autor: Susanna Isern.

Ilustración: Rocío Bonilla.

Editorial: Flamboyant. 

Todos temos algún superpoder increíble!

Un superpoder que nos fai persoas únicas e irrepetibles.

Neste libro podemos atopar algúns.

Para poder velo e escoitalo preme nos seguintes enlaces:   

                  

Para lembrar ou descubrir cales son os teus superpoderes, preme Aquí.

PARA 5º E 6º

O PODER DUNHA APERTA

Esta curta ensina o poder dunha aperta. Premede aquí para vela.

Cando estamos tristes, enfadados, infelices unha aperta  é como un bálsamo.

Hai moitas razóns que explican o seu poder :

a) Eleva a serotonina, mellora o estado de ánimo e favorece a felicidade.

b) Axuda á produción de glóbulos brancos que fortalecen o sistema inmunolóxico.

c) Ao relaxar os músculos cunha aperta, libérase a tensión do corpo...

Cantas cousas!! A que si? Estade atentos ao voso redor.

Seguro que en calquera momento alguén necesita o voso apoio e ánimo para sentirse mellor.

Pero lembrade que: as apertas que nos gustan son as das persoas que queremos, non se pode dar apertas obrigadas, nin debemos permitir que nos den as que non desexamos.

Déixovos unha manualidade moi chula para xogar   Aquí.

Aquí unha ficha sobre a curta

 

PARA Educación Infantil, 1º e 2º  

Ola a tod@s!

Esta semana toca facer maxia coas palabras!

Sabiades que os magos empregan palabras máxicas para que os seus trucos funcionen?

Abracadabra é unha moi coñecida.

Sabedes algunha máis?

Un neno chamado Daniel vainos ensinar algunhas neste vídeo. Atentos!!

 A que xa coñeciades estas palabras máxicas? E o mellor de todo...

A MAXIA FACÉDELA VÓS AO PRONUNCIALAS!!!

      Aquí vos deixo outro pequeno vídeo de maxia.E deseguido unha ficha por se vos apetece colorar.  

             SEGUIMOS CON PALABRAS MÁXICAS? 

Agora toca unhas palabras moi moi especiais.

E para presentalas imos ver unha historia coñecida, pero que sempre gusta lembrar.

"Adiviña canto te quero".

Autor: Sam MacBratney

Ilustrador:  Anita Jeram

Editorial : KOKINOS.

Xa sabedes cal é a palabra, verdade?

Claro que sí!           

                                         QUÉROTE!!   

Déixovos unhas actividades por se vos apetece traballar con esta historia.     

Actividades para Educación Infantil                             

EI 3 e EI 4: actividade.                           

EI 5: actividade.

Actividades para 1º e 2º de primaria

1º: actividade.                                                   

2º: actividade.  

O máis importante e que pronunciedes moito estas palabras, así lograredes maxia tódolos días facendo sentir mellor ás persoas que tedes arredor.  Ánimo magos!!

Estas actividades  son para dúas semanas ( hasta xuño) .

 

PARA 3º e 4º

No libro Xénese da Biblia, cóntase a historia de Adán e Eva.

Vivían nun grande e marabilloso xardín chamado Edén rodeados de fermosos animais e prantas.

Este Paraíso natural é o que o pintor "Pieter Brueghel, o  Novo"  representou nesta obra.

A Raposa Fedella, a amiga de Ardemiro, tráenos un novo misterio que resolver sobre esta cadro.

Animádesvos? Premede aquí.

Se non distinguides ben os detalles  na ficha, premendo aquí podedes ver o Paraiso moito máis grande e mellor na web do Museo do Prado.

Despois de resolver tantos misterios , aquí podedes descargar unha mandala de paxariños como os do cadro.

Pintar unha mandala, é algo relaxante así que facédea tranquilos, aínda que vos leve moi tempo, non pasa nada. Disfrutádea! 

Estas actividades son para dúas semanas (hasta xuño) así que con calma.

 

 PARA 5º e 6º

Seguimos coa Sagrada Familia de Barcelona!!

Estudando as torres da Sagrada Familia, descubrimos:

As 6 torres centrais superarían os cen metros de altura.

Cada torre estaría dedicada a  alguén moi importante. Estas personalidades son Xesús, María e os catro 4 evanxelistas (Marcos, Mateu, Lucas e Xoán) 

Gaudí  deixou escrito: «Rodeando el cimborrio principal, habrá cuatro, más pequeños, que estén dedicados a los cuatro Evangelistas y que tengan en los pináculos al ángel, al toro, al león y al águila. ».

Anxo, touro, león, águia? Que figura é cada evanxelista?  Descóbreo nesta ficha.  Máis información aquí. 

Agora traballaremos coas vidreiras.

As vidreiras son impresionantes.

Aquí descubriredes como son as cores das vidreiras e unha mandalas para colorar.

Nos seguintes enlaces podedes ver as vidreiras, como se fabrican e colocan.

Vista rápida      Como se fan      Como se colocan

Para relaxarse e contemplar mentres coloreamos unha mandala.

Estas actividades son para dúas semanas (hasta xuño).

 

 

ESTA SEMANA CELEBRAMOS O DÍA DA FAMILIA!!

A  familia sempre está ao noso lado, para darnos unha aperta, aínda que ás veces sexa virtual, para  facernos sorrir, ou para axudarnos.

 Que vos parece se o celebramos cunha manualidade ?

Aquí tendes algunhas ideas, pero seguro que se vos ocorren moitas cousas máis. (Premede nos debuxos).

                               

PARA Educación Infantil, 1º E 2º

Ola!!

Sabemos que sodes fantásticos coidando ós animais!

Na historia  “Dias de lluvia” coñeceremos a alguén que tamén fixo un gran traballo ! 

Buscade a alguén con quen poder ler xuntos a historia. Así é máis divertido. 

Despois de coñecela,  non vos parece que Noé tamén era experto?

No  seguinte  enlace  atoparedes  uns debuxos de Disney que nos conta a historia da Arca de  Noé pero de forma moi divertida. Premede no título: EL ARCA DE NOÉ

Aquí unha canción que seguro xa coñecedes. Preparádevos para bailar! CANTAJUEGO. EL ARCA DE NOÉ.

Por se vos apetece colorear un pouco déixovos aquí uns debuxos.

PARA 3º e 4º

Ola artistas!!

Aquí temos un novo cadro perfecto para estes días da familia! 

Trátase de “A Sagrada Familia do paxariño”, pintada por alguén que xa coñecedes, Murillo.

Imos de excursión? Faremos unha viaxe virtual ao Museo do Prado, en Madrid. 

Como?  Moi fácil. Premer aquí. Prestade moita atención!!!

 A que estivo xenial?  Seguro que sí. Aquí vos deixo unha actividade.

PARA 5º e 6º

Ola maiores!

Esta semana celebramos o "Día da Familia" por iso imos cambiar un ratiño a Ecopanda por un monumento moi coñecido "A Sagrada Familia" de Barcelona.

Como veredes é un templo espectacular do arquitecto Gaudí. Premendo no nome descubriredes moito máis sobre este arquitecto e a súa obra.

Leva construíndose dende fai máis de  100 anos e recibiu a visita de miles e miles de persoas.

Imos a visitala nós tamén? Estou segura que vos vai sorprender. 

Aquí tendes un enlace co que podedes visitala virtualmente. Disfrutádea!!

Atoparedes varias pestanas, premede nunha onde pon pináculo e veredes as torres. A que impresionan?

Cada torre representa a un personaxe moi importante. Aquí tendes máis información. Botádelle unha ollada. Despois podedes relaxarvos con esta actividade. Premede aquí. Ou aquí.

Educación Infantil, 1º e 2º               Ola chic@s!

Seguides ao coidado do planeta? Seguro que si!

No  seguinte  enlace  atoparedes  un pequeno vídeo que conta como comportarnos cos animais!

Preme no título: LOS ANIMALES.

Tamén imos lembrar algo que é moi importante.

       A RECICLAXE!!    

Ímolo facer ao ritmo de: LOS COLORADOS”.  

Preme no título: REDUCIR, REUTILIZAR Y RECICLAR.

Que tal se facemos un debuxo moi chulo?

Aquí podedes atopar distintas ideas para imprimir ou colorear online.

 3º e 4º

 Ola artistas!

Aquí tendes un debuxo dun cadro de Picasso moi parecido ao que xa vimos por se vos apetece colorealo.

Estou desexando ver que tal vos quedou!

 5º e 6º

Ola maiores!

Esta semana atoparedes máis información na presentación da Ecopanda.

Botádelle unha ollada  pero xa traballaremos con ela mais adiante.

Aquí , un novo enlace para que sexa máis cómodo atopalo.  

( Xa sabedes! Premede na dereita para pasar as páxinas)

Agora toca arte!

Temos que facer un debuxo do distintivo máis coñecido do Camiño de Santiago “A cuncha de vieira” .

Xa sei que a sabedes debuxar sen axuda ningunha, pero, por se vos apetece coller ideas ou preferides colorear, aquí podedes descargar un debuxo e aquí un titorial de como debuxalas.

Decorádeas coas vosas cores favoritas!

        

 

Este mes, acumúlanse as celebracións: Pascua, “Día do Libro”,... pero ademais hai outra  que non é tan coñecida  pero sí moi importante,  celébrase o “Día da Terra” ou “Día da Nai Terra”  .

O Planeta Terra é o noso fogar, onde vivimos, a nosa casa. Que podemos facer para coidala?

 

PARA Educación Infantil, 1º e 2º

 Neste pequeno vídeo escoitaremos algunhas ideas. Tomade nota!!

Vídeo “Protegemos la Tierra”.

 

Red (o paxaro vermello dos Angry birds) é embaixador da ONU para o coidado do Medio Ambiente, no seguinte enlace cóntanos como actuar para protexer o noso planeta.

Está en inglés subtitulado en español, seguramente necesitedes un pouquiño de axuda para saber o que conta.

Video “Angry birds”.

E despois de tanto traballo... a bailar!!! ( Premede na seguinte ligazón) Canción “Madre Tierra

 

Para 1º e  2º - Cubrimos unha  táboa para comprobar que somos expertos?

Non fai falta escribir, podedes sinxelamente comentala con alguén.

Premede aquí

PARA TODOS: Que vos parece unha manualidade con flores secas agora que xa podemos sair un pouquiño da casa? Pode ser para nós ou  agasallar a alguén especial.

Aquí , algunhas ideas.

 

PARA 3º e 4º

Agora toca algo que se vos da xenial!  Sabemos que sodes uns auténticos artistas! Esta nova actividade  é sobre cadros.

Comezamos? Imos aló!

Aquí temos dúas pinturas totalmente distintas. Ou quizais  non tanto. Parécense en algo, a que si?

 Antes de coñecer o nome da pintura e o seu o autor, ímolas analizar. Seguro que vos vai gustar!

A primeira pintura vouna analizar eu. Aquí tedes o resultado.  

 

 

 

 

 

 

Agora tócavos. Ánimo!

Usade a guía que atoparedes  aquí , podedes descargala , facelo nun papel aparte ou simplemente comentala con alguén. 

Esta actividade é para dúas semanas así que tranquilos.

Pulsade sobre cada pintura e saberedes máis cousas sobre elas.

Que me decides? Pensades igual ca min? Que teñen algo en común? 

Os dous representan a misma escena, dous nenos aos que lle están axudando  a ler ou cos seus deberes!!! Algo que seguramente algúns estades vivindo  estes días. 

Moito ánimo! E moitas grazas ás persoas que traballan con vós porque tamén nos están axudando a nós. Grazas!

Agora  un supersegredo!  Exclusivo para vós. Premede aquí.

Aquí  outra idea para esta actividade.

Tamén vale para 5º e 6º. Aquí  atoparedes algo para sorprender.

                        

ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO

Ola a tod@s!

O 23 de abril celebramos o “Dia do Libro”. 

Nalgures, neste día, lémbrase a lenda de San Xurxo e o dragón.

Nós imos traballar o conto “ El caballero que no quería luchar” aparecen  cabaleiros e dragóns,  pero cun final moito mais chulo que o da lenda.

Ata aos dragóns lles gusta unha boa historia!

Aquí tendes o enlace onde podemos escoitar a autora, Helen Docherty, narrándonos as aventuras do xentil cabaleiro Leo. 

Aquí un enlace  onde podedes descargar o inicio do conto. Se queredes podedes terminalo vós debuxando ou escribindo un novo final.

Tamén vai  unha máscara de cabaleiros.

A continuación podedes atopar as fichas por cursos. Serven para reflexionar sobre a historia.

Pódense imprimir, facer nunha folla aparte ou simplemente falar e comentar.

FICHAS  EDUCACIÓN INFANTIL:  3 ANOS        4 ANOS      5 ANOS

FICHAS  PRIMARIA:  1º                        

 

 A ECOPANDA E O MISTERIO DO ROMÁNICO ( 5º e 6º)

Este curso, estamos a participar  nunha iniciativa proposta pola Xunta, Xacobeo 2021.

A través da lectura do conto “A Ecopanda e o misterio do Románico” achegámonos a un coñecemento máis profundo da Ruta Francesa do Camiño de Santiago.

Esta actividade, estase a desenvolver cos titores e outros profes que están na hora de ler cos nenos de 5º e 6º .

 

Agora na clase de Relixión Católica  traballaremos o Camiño Francés.

No capítulo “Vacacións no camiño”, o mestre Don Pitágoras cóntalles que vai percorrer a Ruta Francesa do Camiño de Santiago.

Falan sobre o Códice Calixtino e ensínalles que é o libro no que se recolle o primeiro escrito sobre o Camiño Francés e ademáis que foi a primeira guía turística da historia.

 

 

Que vos parece se usamos ao Códice Calixtino como guía na nosa aventura coa Ecopanda?

Comezamos?  Imos aló aventureiros!

Primeiro paso! Descubriremos que é un códice e coñeceremos mellor o Códice Calixtino.

Premede na presentación e aprenderedes cousas moi interesantes.

 

 

Despois de ver a presentación seguro que  xa sodes uns auténticos expertos!

Aquí  podedes descargar unha sinxela ficha de repaso do mais importante.

Agora ímonos converter en  iluminadores! Para isto imos contar con:

 

-A historia dunha iluminadora, Claricia, que se conta no libro “Pintoras”, da escritora Ángeles Caso. Despois faredes a letra capital da inicial do voso nome. Por exemplo a C de Calixto. Premede aquí para decargar a ficha. 

  

-Un abecedario de letras capitais que podedes descargar se preferides colorala e non crear unha propia.

      Premede aquí ou aquí.

      Son actividades para dúas semanas así que con calma.

Lembrade o correo electrónico para contactar comigo é: relimeson@gmail.com.

                               

 Para Educación Infantil, 1º e 2º.

A mellor forma de aprender é xogando.

Preme aquí, e poderás acceder ao xogo online do proxecto “Viaxe ao Reino das Emocións” no que poderás crear as túas propias historias dándolle vida aos personaxes do conto.

Entra neste mundo con Draco e os seus amigos!

Máis info no blog da Fundación Meniños.

Temos unha noticia para tod@s!  Draco enviou unha mensaxe e unha carta  de apoio para estes días.

                   

Para ver a carta completa premede aquí: Mensaxe de Draco.

Que vos parece se lle escribimos unha mensaxe, facemos un debuxo... a Draco ou aos nosos amigos do cole? Cando esteamos xuntos outra vez na clase  farémosllo chegar. Animádesvos?

Para Educación Infantil.   

Na clase estamos elaborando “A caixa da calma”, pero non nos deu tempo a rematala. Estes días en familia poderían ser  fantásticos para facer xuntos esta actividade. 

Aquí podedes descargar o que necesitades:

        Instrucións           Cartas da calma               Páxina orixinal 

Para 1º e 2º.

Con motivo da conmemoración do 8 de marzo: Día Internacional da Muller, estivemos traballando no cole co proxecto  “Os Bolechas pola igualdade”. Falamos da necesidade de que todos os membros da familia se impliquen nas tarefas da casa.

O obxectivo da seguinte actividade é que as nenas e nenos se responsabilicen de realizar as súas primeiras tarefas e fomentar a corresponsabilidade.

No seguinte enlace podedes descargar unhas follas que levan por nome “Diario de éxitos”, e as instrucións para realizalo.

                             Instrucións           Diario de éxitos

Para 3º e 4º.

Unha selección de curtas que nos permiten traballar valores como: empatía, autoestima, amizade.

Premede nos título das curtas para velas.

“Pip”                                                                                     

“Dust buddies”

“O regalo”

“Think positively”

 Fichas das curtas:  As curtas convidan a non perder a alegría e a aprender a xestionar e combater os sentimentos negativos. Axúntase dúas fichas, unha para cada curso. Pódense imprimir ou facer nunha folla aparte.

Curso 3º:   Realizar a ficha da curta “PIP”.

Curso 4º:   Realizar a ficha da curta “Think positively”.

 Novas fichas para reflexionar:

Curso 3º:   Realizar a ficha da curta “Dust buddies”

Curso 4º:   Realizar a ficha da curta O regalo”.

 

Para 5º e 6º.

Aquí tendes a  curta Santiago, a viaxe continúa de Chema  Gagino, que narra de xeito sinxelo a Historia  de Compostela, desde as súas orixes  romanas ata o achado do Sepulcro do Apóstolo.

Sobre estes feitos comeza toda a tradición do Camiño de Santiago.

Premede aquí para vela.  

Aquí tendes a  curta “La Historia del Apóstol Santiago” de INFINITO MÁS UNO. Breve historia do Apóstolo Santiago.

Preme aquí para vela.

Dous novos vídeos comúns para os dous cursos :

Historia del Camino de Santiago (1) | El Camino con Correos.

Historia del Camino de Santiago (2) | El Camino con Correos.

 

   ACTIVIDADES DE REPASO E AMPLIACIÓN

 Aquí podedes atopar actividades interactivas de repaso e ampliación de reli para primaria.

Recursos interactivos de ANAYA

Relixión Católica 1º

Relixión Católica 2º

Relixión Católica 3º

Relixión Católica 4º

Relixión Católica 5º

Relixión Católica 6º