Vostede está aquíActividades

Actividades


Madrugadores 2021-2022

  A ANPA do CEIP Mesón do Vento seguirá ofertando o servizo de "Bos Días Cole" para o curso 2021-2022.

  SOLICITUDE de INSCRICIÓN       DECLARACIÓN de SAÚDE

  Podedes descargar e imprimir a solicitude e a declaración de saúde nas ligazóns anteriores. Para calquera dúbida podedes mandar un correo a:     anpaceipmesondovento@gmail.com

ou poñervos en contacto coa Escuela Contalento con teléfono números 981 697 844 e 625 433 436 ou ordes@escuelacontalento.es 

 

Entroido 2020

  Despois dunha semana de troula seguindo as consignas do meco (vir en pixama, traer zapatos distintos, vir con sombreiro e, por último, cun colar), por fin chegou o venres!

  E o mellor de todo é que foi un día de sol radiante. Así, axudados pola policía municipal, demos o paseo polo Mesón, lucindo os disfraces e acompañados por unha auténtica multitude. Non faltou logo o chocolate e os pericos dos nosos cociñeiros. Que gran festa!!!

  Premede en Ardemiro para ver as fotos. Pero non foi todo. O domingo 23, como xa é tradición, a ANPA celebrou a súa exitosa festa choqueira na Sala Josfer. Como sempre houbo disfraces, música e agasallos para todos os nenos e nenas. Ah! e había por alí unha tribo de masais!

Doces de Halloween

  O venres 2 de novembro na nave do campo da feira do Mesón do Vento a ANPA organizou un Taller de doces de Halloween. Houbo 2 grupos, un das 16:00 ás 17:30 e o outro de 17:30 a 19:00 h.

  Aprenderon a facer "dedos de bruxas", "cupcakes telaraña", "cabezas esqueleto" e "minipizas gusanos".

Se queredes ver un vídeo da actividade, premede na cabaza.

Actividades ANPA 18-19

  As actividades extraescolares da ANPA comezaron o 1 de outubro. Velaquí o seu horario.

Festa ANPA e excursións

  O domingo 17 de xuño a ANPA do cole celebrou a súa habitual festa de fin de curso con gran participación de alumnos e familias. Despois dunha semana bastante mala o tempo foi perfecto cun día cheo de sol e diversión.

  Podédelo comprobar se premedes na imaxe porque veredes fotos do evento.

  A semana seguinte tiveron lugar as dúas excursións.

  Oa alumnos de Ed. Infantil e Ed. Primaria ata 4º viaxaron o venres 22 de xuño a Granxa Bergando no concello de Negreira. Foi un excelente día e pasárono moi ben. Premede no cabalo para ver as fotos.

  Os alumnos de 5º e 6º viaxaron a Cantabria. Se queredes ver o ben que o pasaron, mirade este vídeo.

Festa Choqueira

  O domingo 11 de febreiro tivo lugar na sala de festas JOSFER a 3ª Festa Choqueira organizada pola ANPA do CEIP Mesón do Vento.

  Como sempre houbo baile, premios e sobre todo moita diversión! Se queredes ver algunhas fotos do ben que o pasamos ese día, premede no anteface.

Actividades de Nadal 2017

  Se queredes ver fotos das interesantes actividades de Nadal que fixemos na ANPA do CEIP Mesón do Vento (taekwondo, pizza, hamas, pasta flexible e facer xabón), premede na imaxe deste bonito corazón.

Cuota e Actividades

 Estimados país / nais:

 Todos aqueles que desexen formar parte da ANPA como socios, deben abonar a cuota correspondente ao curso 17-18 no seguinte número de conta:

 ES27-2080-0084-3530-0001-4908 ABANCA (sucursal do Mesón)

 Importe: 20 € anuais por familia

 Concepto: Nome e apelidos do rapaz/a

 Prazo: Agradecemos que o ingreso se realice antes do 30/12/2017 para una mellor xestión dos fondos e planificación das actividades neste curso.

 Recordamos que para acollerse ás tarifas de socio é imprescindible ter abonada a cuota do presente curso. En caso contrario o importe a abonar será o correspondente aos non socios.

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 

Ingresar a cantidade na conta da ANPA

ES27-2080-0084-3530-0001-4908 ABANCA (sucursal do Mesón) 

Concepto: Nome da actividade - nome e apelidos do rapaz. 

Exemplo: Inglés + Pintura - Manuel López. 

Os que queiran aproveitar para pagar a cuota poden facelo. 

Exemplo: Cuota + Inglés + Pintura - Manuel López.

 

Recordamos que para que una familia poida beneficiarse das tarifas de socio debe ter pagada a cuota deste curso.


Festa de Fin de Curso 17

O domingo 18 de xuño a ANPA celebramos a festa de fin de curso no centro escolar.
Dende a directiva queremos agradecer a aquelas familias que, a pesar das altas temperaturas acadadas, asistiron a esta cita anual.

Tamen queremos dar as gracias a aqueles pais que colaboraron na organización, montaxe e desenvolvemento da mesma. 

Ademáis da tradicional churrascada, houbo inchables, xogos, chuches e merenda gratis para todos os nenos.

Aproveitamos ese día para celebrar o aniversario da nosa mascota -Ardemiro-, repartindo unhas mochilas entre todos os alumnos matriculados no noso centro.

 Este ano, o grupo infantil de pandereta do Mesón do Vento agasalláronnos cun par de actuacións que foron moi aplaudidas polos alí presentes. Para ver as fotos, premede na imaxe.
 

2ª Festa Choqueira

 O pasado domingo 26 de febreiro  a partir das catro e media da tarde, tivo lugar a 2ª Festa Choqueira organizada pola ANPA do CEIP Mesón do Vento.

  Como sempre o lugar elixido foi a Sala JOSFER. Houbo xogos, bailes, agasallos, sorteos ... e moita diversión!

  Preme na imaxe se queres ver unhas cuantas fotos dese día.