Vostede está aquíEdificios do colexio

Edificios do colexio


     O CEIP Mesón do Vento está a uns 400 metros ao leste do centro da vila e a uns 200 metros da estrada N-550. Ten 5 edificios principais ademais duns almacéns para gardar material diverso.

De Norte a Sur podemos ver:

1: O edificio máis antigo (1º CP do Mesón do Vento) que alberga na súa planta baixa o comedor e salón de actos e na primeira planta as aulas de 3º, 4º, 5º e 6º.

2: O edificio máis longo alberga a aula de infantil 5 anos, as aulas de 1º e 2º de primaria e todas as aulas do profesorado especialista (PT, AL, inglés, psicomotricidade, relixión e música ). Tamén hai unha aula de audiovisuais na 1ª planta e a biblioteca do centro na planta baixa.

3: Á súa esquerda está o edificio administrativo. Nel está dirección, secretaría, sala de reunión do profesorado, sala da conserxe, reprografía e ademais a aula de informática. 

4: O edificio de Educación Infantil con dúas aulas,  campo de xogos propio e areeiro.

5: Ao Sur o pavillón polideportivo.

  Se queredes ver fotos da maioría das dependencias premede abaixo. Se as queredes ver con música e en forma de vídeo premede aquí.

Etiquetas