Vostede está aquíPROXECTO CON ESCOCIA "Let´s sharing our Blackvento culture"

PROXECTO CON ESCOCIA "Let´s sharing our Blackvento culture"


Como todos sabemos a primeira mobilidade que formou parte do erasmus + que están realizando os nosos mestres Álex e Rocío, tivo lugar en Escocia, foi aquí onde establecimos contacto co colexio no que estivo a nosa mestra de música durtante dita estancia,  para realizar un proxecto en común con eles.

O centro escocés chámase Blackness School e despois de diversas conversas e trámites por fin nace o proxecto titulado " Let´s our BlackVento culture" tendo como obxectivo compartir experiencias dende o CEIP Mesóndo Vento (España) ata o Blackness Primary School ( Escocia).

O proxecto foi creado na plataforma Etwinning por nós mesmos, traballaremos mediante esta plataforma co outro centro, participará o noso alumnado de 5º e 6º e os alumnos escoceses de P.5 (10 anos aprox.), manterémosvos informados de todas as novidades colgándoas tanto no apartado de erasmus + como no de sección bilingüe, asique estade moi atentos.

 

Etiquetas