Vostede está aquí44th CHALLENGE: MEMORY

44th CHALLENGE: MEMORY


Hoxe, os ardemiro´s games tráennos un novo reto: un memory. Con este reto poderemos xogar entre toda a familia, traballando ademáis esa memoria.


COMO LOGRAMOS SUPERAR O 44º RETO?


1. Imos pensar nun tema que nos interese. Pode ser a primaveira, os vehículos, ou incluso as cousas que máis vos chamaron a atención deste tempo de corentena. ¿Xa o tedes? Imos ao paso dous…


2. Pensa 10 palabras sobre ese tema e debúxaos en cadriños pequenos (mellor en cartolina, para que non poidamos facer trampas). Tes que debuxalo dúas veces.

3. Recorta e …a xogar! En familia, teremos que poñer as fichas boca abaixo e encontrar parellas. Quen máis parellas encontre, gaña! Lembrádevos de facer unha foto ou vídeo do voso memory e subilo ao padlet da 11ª/12ª/13ª semana.

4. Se cumplides todo iso, RETO CONSEGUIDO.

Deixámosvos aquí dúas plantillas de mostra que podedes imprimir para xogar.

 

PLANTILLA 1

 

 PLANTILLA 2

O documento adxunto que encontraredes abaixo "MEMORY ANIMAIS", podedes descargalo clicando directamente nel.

AdxuntoTamaño
MEMORY ANIMALES.pdf2.11 MB
Etiquetas